Coruñesas Ilustres

Seguindo con esta sentida iniciativa que a comunidade educativa do IES Monte das Moas leva a cabo dende o ano 2014, dámoslle voz esta vez a marabillosas mulleres da provincia da Coruña que dende diferentes eidos desenvolveron e realizan traballos moitas veces considerandos “pouco femininos” pero nos que deixaron pegada ou abriron camiños inexplorados ata ese momento.

A día de hoxe aínda teñen que demostrar a súa valía, de aí a importancia de poñerlles cara.

Demos paso pois ás figuras relevantes homenaxeadas neste Día da Muller de 2021 no que máis que nunca deberemos amosar a súa relevancia e fortaleza ante a sociedade que lles tocou vivir, sexa a pasada ou a actual.

Este ano celébrase o centenario do pasamento dunha das nosas figuras literarias máis salientables: Emilia Pardo Bazán, e con ela e coas súas palabras comezamos esta pequena peregrinaxe polo noso particular mapa feminino da provincia da Coruña.


" Todas as mulleres conciben ideas pero non todas conciben fillos. O ser humano non é unha froiteira que só se plante para a colleita"