OBJETIVO 4
PROXECTO PLASTIK-0
Plastik-0
Nun mundo onde o medio ambiente está sendo castigado a unha velocidade alarmante, o noso alumnado de educación primaria únese para executar accións e loitar por un futuro sostible. Enfrontando desafíos e utilizando as últimas tecnoloxías, loitan por un mundo mellor. Traballan xuntos, deseñan modelos de reciclaxe e crean aplicacións web para xestionar o uso de residuos. A finalidade é concienciar á comunidade educativa para acadar un futuro máis sostible para todos.
Con este argumento comezamos unha proposta moi ambiciosa nun centro educativo público que escolariza a máis de 1100 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. Unha escola, situada nunha localidade próxima a A Coruña e caracterizada por ter unha poboación moi heteroxénea e unha actividade económica en expansión debido ao seu tecido industrial e ao sector servizos.
Xorde así, desde o Club de Ciencia, o proxecto PLASTIK-0 coa creación dunha app deseñada cunha plataforma NoCode gratuita que incorpora diferentes xogos para concienciar sobre un correcto reciclaxe de residuos que poderán utilizar como recurso nas aulas tanto o alumnado como o profesorado do centro. O alumnado do centro convértese en deseñador, creador e maquetador de contidos dixitais coa finalidade de concienciar sobre a xestión de residuos e dar pé a buscar solucións alternativas para facilitar o uso sostible e eficiente dos recursos. A aplicación inicial dá paso a outras propostas para fomentar o desenvolvemento sostible como son simulacións 3D en Realidade Virtual ou xogos de reciclaxe no Cubo Merge con plataforma CoSpaces. Finalmente, e utilizando o potencial da Intelixencia Artificial e Teachable Machine elaboran proxectos que tentan provocar unha conciencia ambiental e accións polo cambio e o aprendizaxe do coidado do planeta.
O obxectivo fundamental é sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a problemática existente en torno ao cambio climático, o coidado do medio ambiente e a adopción de medidas urxentes para paliar o deterioro do planeta. Para acadalo, propoñemos os seguintes obxectivos específicos:
• Utilizar de maneira axeitada ferramentas TIC para sensibilizar aos alumnos sobre a preservación e o coidado do medio ambiente.
• Fomentar o desenvolvemento sostible como unha nova forma de vida na que se convive en harmonía co entorno.
• Deseñar modelos que permitan o aproveitamento e o bo uso dos recursos naturais para evitar danos irreparables no medio ambiente.
• Fomentar a adopción de hábitos e prácticas sostibles na vida cotiá, tanto na escola como no fogar.
• Promover a educación en valores e cidadanía activa, involucrando ao alumnado en proxectos que contribúan a mellorar o entorno e a comunidade en xeral.
• Contribuír á formación de cidadáns críticos e reflexivos, capaces de analizar e comprender
El poder de la imagen al servicio del Planeta
Tras acudir al curso "Going Green" en donde recibimos formación en metodologías centradas en el cuidado del medio ambiente, el alumnado de 4º de Primaria realizó la siguiente actividad con la técnica del "Photo voice" en el aula de Inglés.
Una pregunta sencilla ("What about the planet?"), el uso de una imagen generada con IA (a través de la plataforma ideogram)y una frase corta pero impactante, permitieron crear nuestra galería de imágenes y así profundizar en la necesidad de cuidar el medio ambiente. A continuación, puedes consultar la actividad y las imágenes generadas.