NOVEMBRO 2025
DÍA 1
No primeiro día visitamos o Jardim de infância do Bairro Das Morenas, un pequeno centro escolar con alumnado dende os 3 ata os 6 anos.
Estivemos visitando as súas 2 aulas e compartindo coas nosas compañeiras portuguesas unha xornada escolar na que falamos de inclusión, recursos e organización de centro.
Unha experiencia moi positiva para enriquecer a nosa práctica educativa.
DÍA 2
No segundo día visitamos a Escola Básica Nossa Senhora do Pópulo, un centro educativo que conta con alumnado de Educación Infantil e con aulas que van de primeiro a cuarto de Educación Primaria.
Ademáis disto, o centro conta cunha unidade de atención a alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.
Tiveron a ocasión de visitar diferentes aulas e acompañar a outras colegas en varias actividades do centro.Ademais disto, pasaron a xornada de tarde participando en obradoiros con diferentes terapeutas , incluíndo a visita á aula Snoezelen.