O Xardín Botánico do IES A Pinguela foi inaugurado no ano 1987, tras un proceso previo de adecuación do terreo, que inicialmente se atopaba nun estado moi degradado, ocupado por pedras e restos de materiais procedentes da construción do propio Instituto. Para facer posible a súa creación, foi necesario retirar unha gran cantidade de pedras mediante maquinaria, nivelar o terreo, corrixir a súa acidez e elaborar os planos necesarios para deseñar unha plantación con finalidade didáctica, cuxos traballos se iniciaron no ano 1985.
Na construción do Xardín destaca especialmente o papel activo do alumnado, xa que desde o primeiro momento o proxecto foi concibido como unha experiencia educativa e participativa. A maior parte das especies autóctonas foron achegadas e plantadas por estudantes, profesorado e, nalgúns casos, por familias ou persoas alleas ao centro que, coñecendo o labor realizado, contribuíron doando exemplares vexetais. Cómpre salientar o caso dun emigrante residente en Inglaterra que doou diversas especies procedentes do Xardín Botánico de Leicester. Antes de realizar cada plantación, o alumnado estuda previamente as características máis relevantes de cada especie, tanto a nivel morfolóxico como ecolóxico.
No ano 2018, incorporouse ao Xardín Botánico unha nova sección dedicada ás Plantas Aromáticas, co obxectivo de achegar ao alumnado o coñecemento dos seus distintos aspectos botánicos, ecolóxicos e prácticos.
Máis recentemente, o xardín ampliouse con unha nova colección de arbustos froiteiros, entre os que se inclúen: grosellas, arandeiras, framboesas e outras especies de interese didáctico e alimentario. O xardín das aromáticas e arbustos froiteiros atopanse no sector B do plano. Nesta última fase tamén se procedeu á colocación de caixas niño e comedeiros destinados ás diferentes especies de aves insectívoras que habitan no recinto.
O obxectivo principal desta actuación é favorecer a presenza e a reprodución destas aves, que cumpren un papel fundamental no control biolóxico das pragas, reducindo de forma natural o número de insectos prexudiciais para as plantas do Xardín Botánico. As caixas niño foron situadas en zonas estratéxicas, escollendo árbores de distintas alturas e orientacións para ofrecer refuxio durante todo o ano. Pola súa banda, os comedeiros contribuirán a garantir alimento adicional, especialmente nas épocas máis frías, cando a dispoñibilidade de insectos é menor.
Estas caixas e comedeiros foron elaborados polo alumnado da FP Básica, como parte dun proxecto práctico de aprendizaxe no que se combinan competencias manuais, ambientais e educativas. Ademais, como recordo do seu traballo e participación, debaixo de cada caixa e comedeiro figura o nome do alumno que a elaborou, simbolizando así a súa contribución persoal á conservación e mellora deste espazo natural. Deste xeito, complétase unha actuación que combina o valor educativo, ambiental e colaborativo, fomentando o respecto pola biodiversidade e o coñecemento das relacións ecolóxicas entre as especies que habitan neste xardín.
The IES A Pinguela Botanical Garden was inaugurated in 1987 after a process of land preparation, as the area was initially in a very degraded condition, covered with stones and construction debris. The land was cleared, levelled, its acidity corrected and plans were drawn up to create an educational garden, with work beginning in 1985.
From the outset, the project was conceived as an educational and participatory experience, with students playing an active role. Most native species were provided and planted by students, teachers and members of the local community. A notable contribution came from an emigrant living in England, who donated several species from the Leicester Botanical Garden. Before each planting, students study the main morphological and ecological characteristics of the species.
In 2018, a section dedicated to aromatic plants was added, and more recently the garden was expanded with fruit-bearing shrubs such as currants, blueberries and raspberries, located in sector B of the site.
Nest boxes and feeders for insectivorous birds were also installed to promote biodiversity and natural pest control. These were made by students from Basic Vocational Education programmes as part of a practical learning project. The initiative combines educational, environmental and collaborative value, encouraging respect for biodiversity and ecological awareness.