Proxecto 6: A conspiración das plantas


Vocabulario:

Características: cualidades que fan  que algo sexa especial e único. "Ao café caracterízao o seu sabor amargo". Ao azucre caracterízao a súa cor branca, a súa forma en graniños e o seu sabor dóce.

Preservar: conservar algo coidándoo para que non se agote ou extinga.

Biodiversidade: (de "bios": vida e "diversidade": variedade). Variedade de seres vivos que viven nun lugar (as bacterias, fungos, plantas, animais e protistas que viven xuntas e establecen relaciones entre eles: uns comen a outros, axúdanse uns aos outros, etc.).

Herbario: colección de plantas secas e pegadas nun libro cos seus nomes científicos. Os herbarios se fan para recoñecer as plantas herbáceas na súa enorme variedade.

Reinos dos seres vivos: grandes grupos nos que se clasifican aos seres vivos que teñen algo en común. Son 5: plantas (reino vexetal), animais, bacterias, fungos e protistas.

Desprazarse: ir dun sitio á outro. As plantas móvense pero non se desprazan.

Sales minerais: compostos de varios elementos químicos que están no solo e forman parte dos seres vivos. As plantas necesitan sales minerais para poder medrar.

Temperaturas moderadas: nin moito frío nin moita calor.

Obter o alimento de seu: fabricar o seu propio alimento mediante cambios químicos sen tomalo doutros seres. As plantas obteñen o seu alimento de seu grazas á enerxía do sol.


O herbario

Un herbario é un libro feito de flores e herbas pegadas. Se fai cun interés científico: ver as características das plantas, a súa forma, etc., para poder estudialas mellor e identificalas no campo.

Xunto á flor, pégase tamén o talo, as follas, a raíz e os froitos de ser posible. Xunto a elas, con pluma e letra caligráfica, escríbese o nome en latín da planta. Tamén se pode escribir o nome vulgar.

O noso herbario

Antes de facer o herbario, debemos recoller e secar flores e plantas. Non valen todas: só as plantas herbáceas (as herbas, non flores das árbores) e silvestres (non valen as dos xardíns). Por exemplo: margaridas, dentes de león, malvas, etc.

Estas son as flores que vamos recollendo  e secando.