Proxecto 5: O Mundo nas túas mans

Conceptos interesantes

Universo: Todo o que existe: materia (os astros), enerxía e espacio baleiro. Pódese chamar tamén "cosmos".

Galaxias:  Son grandes agrupacións de estrelas, planetas, gas, polvo cósmico...  que compoñen o Universo. Crese que existen máis de dous billóns de galaxias no universo observable, moitas máis das que se consideraba hai moi poco tempo.  Nós somos unha mínima parte: un puntiño de nada perdido na nosa Galaxia, á que chamamos "Vía Láctea".

Cremos que a Vía Láctea é así.

Dende a Terra só podemos ver isto

Astro: Calquera corpo de certo tamaño que haxa no espazo. As estrelas, planetas, satélites, cometas, asteroides, etc., son astros. 

Estrela: Astro con luz propia. Hainas de varios tipos, segundo o seu tamaño e a enerxía que desprenden. O Sol é a nosa estrela.

Sistema estelar: O conxunto de unha estrela e os planetas, satélites e outros astros que o acompañan. O noso Sistema Estelar é o Sistema Solar, que ten unha estrela (o Sol) e 8 planetas cos seus satélites, ademais de cinco planetoides e moitos asteroides, cometas...

Planeta/planetoide: Astro sen luz propia que orbita ao redor dunha estrela. Se é de pouco tamaño, se lle chama planetoide.

Satélite: Astro sen luz propia que orbita ao redor dun planeta. 

Satélite artificial: Máquina enviada ao espazo polo ser humano para acadar información científica ou para comunicarnos mellor. O satélites artificiais tamén teñen que estar en órbita dun planeta. A "Sonda" espacial é un tipo de nave non tripulada que explora lugares descoñecidos.

Satélite artificial

Sonda Voyager II

Orbitar: Dar voltas ao redor de algo. As órbitas no espacio non adoitan ser circulares senón que teñen forma de elipse.

Cometa: corpo menor que orbita no Sistema Solar. Está composto de xeo e rochas. Cometa vén do grego kometes (con cabellera). Vémolos cada certo tempo pasar diante do noso planeta.

Asteroides: Os asteroides son corpos pequenos que viaxan polo Sistema Solar. Algunhas veces poden chocar con planetas ou satélites, entón dicimos que son meteoritos.

Astronauta: persoa que viaxa polo espazo. É sinónima a palabra "cosmonauta" (Os americanos utilizaron "astronauta" e os rusos "cosmonauta").

Yuri Gagarin foi o primeiro cosmonauta ruso. A primeira persoa que orbitou a Terra.

Neil Armstrong foi o primeiro astronauta que chegou á Lúa.

Outras palabras que xurdiron na clase: supernova, buraco negro, polvo estelar...

Outras palabras interesantes:

NASA: Axencia espacial de Estados Unidos. Nos seus programas estiveron as viaxes á Lua, as misións non tripuladas a Marte e moitas misións de exploración: Apollo, Mariner, Viking, Explorer, Voyager, etc.

Para as vosas investigacións déixovos estes dous enlaces:

Neste enlace atoparedes información, en castelán, para nenos/as de Primaria.

No enlace atoparedes información e vídeos en inglés, non adapatada para nenos/as de 4º.

Sobre el espacio desde Lengua

En la ficha sobre el viaje de la sonda Voyager había una pregunta sobre el vocabulario que habéis descubierto. Las palabras nuevas que habéis definido y han entrado en vuestro vocabulario han sido:

Sonda espacial: "Una máquina creada para poder ver cómo es el Universo sin tener que ir" (Respuesta del equipo de Dani).

Confines: " Finales de algo" (Equipo de Ana).

Memorable: "Algo que se recuerda con mucho cariño" (Equipo de Elena).

Matanza: "Ocurre cuando matan a personas o animales". (Equipo de Manu).

Hazañas: "Los logros que se consiguen" (Equipo de Lorenzo). En realidad son los hechos realizados que tienen mérito.

Preservar: "Cuidar algo para que sobreviva" (Equipo de Mar).

Astros: "Cuerpos que están en el Universo" (Equipo de Inés).

Conceptos: "Ideas que tenemos en la cabeza" (Equipo de Ali).

Comprendidos: "Metidos en un sitio" (Equipo de Gabri). Contenidos en un grupo o lugar.

Humildad: "Modestia. Admites que no tienes tanta importancia". (Grupo  de Jacobo).

En la ficha de la cosmonauta Valentina Tereshkova aprendimos lo que es la "tenacidad".

Ser tenaz  es ser constante o persistente. Hablamos de que es más importante esforzarse que tener facilidades, porque eso te hace más fuerte.

También aprendimos que el sufijo -dromo significa pista:

Aeródromo: lugar donde despegan y aterrizan los aviones.

Cosmódromo: instalación para el despegue de cohetes espaciales.

Autódromo: circuito de carreras de autos.

Hipódromo: pista de carreras de caballos.

Canódromo: circuito por donde se celebran carreras de galgos.

También hablamos de la meteorología. Los meteorólogos son las personas que estudian el tiempo que va a hacer: hacen predicciones. Meteorología viene de meteoro.

Un meteoro es cualquier cosa (fenómeno) que sucede en el aire: la lluvia, el viento, el granizo... son meteoros. Cuando un asteroide se ve en el cielo es un "meteorito".

Hablando de meteoritos:

Mapa: representación realista dun terreo moi grande, feito a escala e con indicacións, liñas ou letreiros que dan información sobre o territorio. Hainos de varios tipos: físicos, políticos e temáticos.

Plano: imaxe realista e a escala dun terreo limitado como unha cidade, un barrio, unha rúa ou un edificio.

Planisferio: é unha imaxe do noso planeta feita nun plano. Tamén chámase mapamundi.

Liñas imaxinarias no mapa:

Paralelos: As liñas paralelas ao Ecuador que marcan a latitude norte ou sur.

Hemisferio: Cada unha das dúas semiesferas nas que divide o Ecuador ao globo terráqueo. Chámanse Hemisferio Norte e Hemisferio Sur. Nós estamos no Hemisferio Norte.

Escalas: relación do tamaño dun mapa coas distancias que representa na realidade.

Latitude: distancia en graos dun punto calquera do Mundo ao Ecuador.

Lonxitude: distancia en graos de calquera punto co Meridiano 0.

Trópicos: paralelos que marcan o clima tropical (cálido e húmido) no Mundo. Hai dous: o Trópico de Cáncer a 23º N e Trópico de Capricornio, a 23ºS. Entre estes paralelos prodúcese o clima tropical.


Consecuencias da actividade humana no clima: O cambio climático.

Tempo atmosférico: son as condicións atmosféricas nun momento determinado; se chove, neva, sarabia ou se vai sol; o vento que hai, a presión atmosférica. Moitas veces  preguntamos: Que tempo vai hoxe?

Clima: o tempo atmosférico esperado nun lugar nun momento determinado do ano. O clima que hai nun lugar determínase observando durante moitos anos que tempo vai normalmente nas estacións do ano. Moitas veces dicimos: "O clima de Galicia é moi húmido".

Global: Adxectivo. Algo que sucede en todo o Mundo.

Emisións: calquera cousa que botemos á natureza. As emisións de gases contaminantes son a cantidade de gases que soltamos á natureza.

Causas- Efectos: Por unha causa, (polo quentamento global, por exemplo) prodúcense efectos ou consecuencias (extinción de animais).

O quentamento global

Chámase así ás alteracións do clima que están a suceder nos últimos anos como consecuencia da acción humana: pola desertificación que produce a agricultura ou o aumento das poboacións humanas; pola contaminación con residuos sólidos, líquidos ou gasosos; pola alteración dos ecosistemas animais e vexetais que producen a desertificación e a contaminación, etc.

O quentamento da atmosfera (quentamento global) prodúcese pola acción duns gases que acumulan a calor do sol. Chámanse gases de efecto invernadoiro. Algúns destes gases son moi naturais pero outros prodúcense en exceso pola acción humana.

Estes son:

Vapor de auga (H2O): prodúcese naturalmente, pero ten moito efecto invernadoiro. Como agora vai máis calor hai máis auga convertida en vapor.

O dióxido de carbono (CO2): libérase polas combustións de materiais, polo fume das fábricas e coches, etc.

Metano (CH4): prodúcese no mar e nos aparellos dixestivos dos animais como vacas, cerdos, humanos...

Óxido de nitróxeno (N2O): Prodúcese nas fábricas.

Hidrofluorocarburos (HFC) e clorofluorcarburos (CFC): Utilízanse para os frigoríficos e aires acondicionados. Atacan á capa de ozono.


Conservación de la Naturaleza desde Lengua

Juego para los aventureros nocturnos.