Proxecto de Historia: Todos os camiños levan a Roma


A República e o Imperio Romano

Ao principio, Roma era só unha cidade. Pronto decidiron que os reis que tiveran eran malos e non quería ter máis. Miraron a unha cidade grega: Atenas. Querías ser coma eles: ter democracia e ser unha república. Así foi: durante moitos anos foron medrando, dominaron moitos territorios, pero non había reis; en Roma mandaba o Senado (un grupo de nobles elixidos por votación). 

Pouco antes do primeiro milenio, un xeneral romano tivo tanto éxito que o querían facer rei. Como non había reis en Roma, inventaron para el o título de Imperator (emperador). A Xulio Cesar, que así se chamaba, non puideron nomealo emperador porque o asesinaron. Pero máis adiante, nomeouse un emperador: Cesar Augusto e os seus descendentes. 

Tan grande foi o imperio que o Mar Mediterráneo foi un mar interno dentro das súas terras, coma se fose un lago. Así que lle chamaron "Mare Nostrum".


Os romanos tiñan un mito que dicía como se formou a cidade de Roma. Os seus protagonistas eran Rómulo e Remo. E había algún animaliño máis por alí. Mira o vídeo e aprenderás ademais cousas sobre a República e o Imperio Romano.

OS DEUSES GREGOS E ROMANOS

Os romanos e os gregos eran politeístas (adoraban a moitos deuses).

Contaban historias sobre as aventuras dos seus deuses e o seu parentesco. Así, Saturno era o pai de Júpiter (o deus máis importante para os romanos).

Júpiter

ARQUITECTURA (CONSTRUCCIÓNS)

-As construccións romanas semellábanse ás gregas, sobre todo a dos templos e os pórticos e plazas. Sen embargo, perfeccionaron moito a forma de construir as pontes, estradas, acueductos, etc.

Os romanos eran grandes constructores. 

Seguro que oíches falar do Acueducto de Segovia, do Teatro de Mérida ou das Murallas de Lugo. 



Moitas pontes que aínda utilizamos son de construcción romana.

-A escultura: as estatuas romanas eran moi realistas e perfectas, moi parecidas ás gregas.

-A pintura romana era moi realista. Os romanos pintaban moi ben, aínda que poucas obras se conservan.

-Os mosaicos romanos eran moi perfectos. Lles gustaba poñelos nos solos das casas e mesmo nas paredes. Decoraban con eles tamén as tumbas.

Enriba, unha pintura. Ao lado, un mosaico.

-Os filósofos romanos eran seguidores dos maestros de filosofía gregos.

Os romanos quería facer un gran imperio que ocupara toda Europa, Asia Menor e o norte de África, de forma que o Mar Mediterráneo fose un mar interior para o seu imperio. Conseguírono: ao mar Mediterráneo chamábano "Mare Nostrum" (noso mar).

Para conseguir este gran impero tiveron que gañar moitas batallas contra os bárbaros, e despois manter os territorios baixo o seu dominio.

Non foi doado. Moitas veces os pobos conquistados rebelábanse e tiñan que mandar ás lexións para vencelos de novo.

Para podelo conseguir, tiveron que vencer a outro gran imperio:  o Imperio Cartaxinés. Tamén venceron aos persas, aos xermanos e aos galos, entre outros.


O maior agarimo: O latín

Os romanos falaban un idioma moi perfecto: o latín. Era moito mellor que as linguas dos países que conquistaban (menos do grego). O latín sustituíu a estas linguas e falouse en todos os recunchos do Imperio.

Cando pasaron moitos anos, o latín converteuse nas linguas que agora falamos, chamadas "linguas romances".

Os romanos inventaron moitas cousas moi importantes: un tipo de arado moi bo, o cemento, as conservas, unha nova forma de construír, un tipo de barco de vela, as estradas modernas...

Fundaron cidades en todas partes e déronlle máis importancia a outras que xa había: en España destacan Hispalis (Sevilla), Barcino (Barcelona), Emerita Augusta (Mérida), Tarraco (Tarragona), Luccus Augusta (Lugo), Astúrica Augusta (Astorga), Legio (León)...