Que máquinas!

A materia e os materiais:

"Materia atómica!"

A enerxía: "Que a forza che acompañe".

A enerxía é a forza que produce cambios nos corpos. Que cambios?: que se movan ou paren, que se queimen ou conxelen, que se rachen, que medren ou se contraigan, que cambien de estado...

Hai varios tipos de enerxía que chamamos formas de enerxía:

-A enerxía luminosa é a da luz. Provén principalmente do sol. A luz ilumina os obxectos e fai que poidamos velos. O noso sentido da vista aproveita esta enerxía para percibir as formas, as sombras e as cores. Grazas as centrais solares, pódese convertir en enerxía eléctrica nos paneis solares fotovoltaicos. Esa electricidade chegará ás nosas casas mediante os cables eléctricos para, por exemplo, prender a luz.

-A enerxía calorífica é a que se produce pola temperatura. A produce o Sol co seu calor, pero tamén a calor que proven do lume  ou de reaccións químicas. Esta enerxía pode producir electricidade e para isto existen as centrais térmicas, que queiman carbón e petróleo.

-Enerxía mecánica: é a que producen os corpos en movemento. A principal enerxía deste tipo é a gravidade que nos atrae á terra. Os corpos cando chocan producen esta enerxía, pero tamén prodúcese cando movemos o lapis ou camiñamos.

-A enerxía nuclear é a que conteñen os átomos, por iso chámase tamén atómica. Cando destruímos un átomo libérase unha gran cantidade de enerxía que se pode convertir en enerxía eléctrica nas centrais nucleares.

-Enerxía química: ás veces a enerxía está acumulada en baterías, como nas nosas pilas. Esta enerxía convértese en eléctrica e fai moverse os nosos xoguetes ou os mandos a distancia.

-Enerxía eléctrica: a produce o movemento de partículas moi pequeniñas chamadas electrones. É unha enerxía moi importante para nós, que dende que a descubrimos, podemos utilizala para mover os nosos motores eléctricos.

Fontes de enerxía

Podemos producir enerxía para o noso consumo dunha forma limpa e segura ou dunha forma perxudicial para a natureza.

Fontes de enerxía renovables:

Son inesgotables e limpas. Producen electricidade mediante o vento, a auga ou o sol. 


Nas centrais solares obtense enerxía eléctrica mediante as placas solares fotovoltaicas.


Nas centrais eólicas hai aeroxeradores que ao rotar empurrados polo vento producen enerxía eléctrica.


Nas centrais hidráulicas ou hidroeléctricas  obtense enerxía eléctrica da auga.

As fontes de enerxía renovables non contaminan pero perxudican a paisaxe e á natureza porque ocupan espazo natural: os vales teñen que ser inundados para facer unha central hidroeléctrica, as montañas aféanse cos aeroxeradores, etc. Polo tanto, debemos reducir o consumo de enerxía eléctrica.

Fontes de enerxía non renovables

A enerxía que obtemos de fontes non renovables non é infinita senón que se esgota e ademais produce moita contaminación.

As centrais térmicas queiman carbón, petróleo ou residuos para producir enerxía eléctrica.

As máquinas sinxelas

O termómetro

A cámara escura