rosie, a remachadora

matilde mosquera lendoiro

rosie, a remachadora

Rosie the Riveter (en galego Rosie, a remachadora) é unha icona cultural de Estados Unidos que representa as mulleres dese país que traballaban en fábricas durante a Segunda Guerra Mundial, moitas delas producindo municións e subministracións bélicas. Ás veces, estas mulleres aceptaban empregos totalmente novos, substituíndo os homes que estaban a combater na guerra.

O concepto de «Rosie the Riveter» apareceu por primeira vez en 1942 na canción homónima escrita por Redd Evans e John Jacob Loeb. A peza foi gravada por varios artistas, incluíndo ao líder de banda Kay Kyser e converteuse nun éxito a nivel nacional. A canción describía a «Rosie» como unha incansable traballadora que facía o seu para axudar no esforzo estadounidense durante a guerra, sendo a misión da peza precisamente animar ás mulleres a contribuír traballando nas fábricas de armamento e subministracións.

As «Rosies» reais encargáronse dos labores dominados polos homes até a Segunda Guerra Mundial, e a pesar da vontade dalgunhas de continuar exercendo un oficio remunerado e os traballos en que se formaro e/especializaron durante ese tempo, cando os homes volveron do combate obrigounas a ceder os seus postos aos soldados desmobilizados e relegounas de novo ao rol tradicional de ama de casa ou foron orientadas cara a traballos non especializados.

Inspirándose na canción, na portada da revista de gran tirada Saturday Evening Post do 29 de maio de 1943 saíu a primeira Rosie a Remachadora, pintada polo sonado ilustrador Norman Rockwell, onde se vía a unha moza ben forte en mono de traballo sentada durante o seu descanso, comendo un sandwich coa remachadora sobre as pernas, o nome "Rosie" escrito no seu friameira e os pés descansando sobre o Mein Kampf que se fixo tan popular que a revista lla prestou ao Departamento do Tesouro para o seu uso nas campañas de bonos de guerra. Esta exitosa imaxe serviu de modelo para outras, entre elas esta da lema "Podemos facelo!", a cal foi encargada por Westinghouse Electric a J. Howard Miller para colocala privadamente nas súas fábricas para animar as súas traballadoras, polo que pasou desapercibida e só se popularizarou moito despois e con outro contexto.

Rosie, a remachadora estaba asociada tamén a unha muller real, Rose Will Monroe, quen naceu en 1920 en Pulaski County, Kentucky, para logo mudarse a Michigan durante a Segunda Guerra Mundial. Traballou como remachadora construíndo bombardeiros B-29 e B-24 para as forzas aéreas dos Estados Unidos. Pedíuselle a Monroe participar como estrela nunha película promocional sobre as contribucións á guerra. A canción «Rosie the Riveter» era popular nese tempo, e Monroe parecía encaixar ben coa descrición da traballadora da canción. "Rosie" chegou a ser quizais a icona feminina máis recoñecida desa época. As películas e carteis de propaganda nos que aparecía usábanse para animar ás mulleres a ir traballar para apoiar o esforzo colectivo pola guerra. Á idade de 50 anos, Monroe realizou o seu soño de voar ao obter a licenza de piloto. En 1978, tivo un accidente no seu pequeno aeroplano cando o motor fallou durante o despegamento. O accidente resultou na perda dun ril e a vista no ollo esquerdo, e acabou coa súa carreira de piloto. Faleceu por un fallo renal o 31 de maio de 1997, en Clarksville, Indiana, onde residía, á idade de 77 anos.

Unha película dramática, Rosie the Riveter, foi estreada en 1944, tomada do tema de Rosie.


A fotografía e a Rosie real

Portada dun filme