A ESPERA

JULIA MINGUILLÓN

ANDREA patiño vázquez

A ESPERA

(JULIA MINGUILLÓN)


Xulia Minguillón Iglesias, nada en Lugo o 17 de xullo de 1906 e finada en Madrid o 22 de agosto de 1965, foi unha pintora galega. A súa linguaxe pictórica reflicte o gusto da España de posguerra. A súa obra pertence a unha ​figuración realista, con escenas cotiás, intimistas, amables e de carácter popular.

Pasou a infancia en Vilanova de Lourenzá, onde seu pai era farmacéutico, e en Castela. De volta en Lugo, estudou na Escola de Artes e Oficios. Máis tarde mudouse a Madrid para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando grazas a unha bolsa da Deputación de Lugo.

Expuxo por primeira vez no Concurso Nacional de Retratos de 1933, xénero que seguiu cultivando, adoito por encargas. O ano seguinte obtivo a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes cunha composición relixiosa, Xesús con Marta e María, gabada por Ignacio Zuloaga.

Coa chegada da guerra civil española regresou á casa paterna en Lourenzá e permanece alí durante a contenda. En 1939 casou co xornalista e escritor Francisco Leal Insua.

Volveu participar na Exposición Nacional de Belas Artes en 1941, na que gañou a medalla de ouro con Escola de Doloriñas, obra representativa da realidade galega do momento.​ Foi a única muller en obter dito galardón en calquera das categorías das Exposicións Nacionais, celebradas entre 1856 e 1968. O ano seguinte a Escola de Doloriñas foi exposta na Bienal de Venecia. O seu éxito foi medrando ao ser recoñecido o seu cadro Xuventude co premio do Círculo de Belas Artes de Madrid en 1948​.

En 1949 o seu home foi nomeado director do xornal Faro de Vigo, polo que se trasladan á cidade olívica, onde seguiu pintando. Amais de expoñer en Vigo e Madrid, viaxou a París e mais a Suramérica.

Minguillón formou parte dunha xeira de artistas galegas ligada aos movementos de vangarda, como Maruxa Mallo e Elena Gago.

As localidades de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Vilanova de Lourenzá e Vigo teñen rúas co seu nome. 

O cadro A espera é de 1945. Unha moza, morena, ladeada á dereita, en pose de tres cuartos, coa mirada baixa, leva unha man ao peito e coa outra levanta a cortina da xanela. Este movemento produce un xogo espacial que resalta o modelado do seu corpo, con sombras solapadas de tonalidades marróns, averdadas e grises. O negro do cabelo e o carmín dos beizos pon un contrapunto no espazo pictórico do cadro construído con gran poder suxestivo. O retrato, pintado en Madrid, pertence á etapa de 1936-49.



A pintora Julia Minguillón

Sinatura da pintora

Cadro A escola de Doloriñas (1941)