retratos  de mulleres

Seguindo con esta sentida iniciativa que a comunidade educativa do IES Monte das Moas leva a cabo dende o ano 2014, dámoslle voz esta vez a marabillosos retratos de mulleres que se realizaron como obras pictóricas ou fotografías famosas e que retratan mulleres ou tipos de mulleres particulares ou que desenvolveron e realizan traballos nos que deixaron pegada ou abriron camiños inexplorados ata ese momento.  

A día de hoxe aínda teñen que demostrar a súa valía, de aí a importancia de poñerlles cara.  

Demos paso pois ás figuras relevantes homenaxeadas neste Día da Muller de 2023 no que máis que nunca deberemos amosar a súa relevancia e fortaleza ante a sociedade que lles tocou vivir, sexa a pasada ou a actual.


Fermosos retratos nos que as mulleres son o motivo principal.