OUTONO CÉFIRO

CATHERINE ABEL

Marga iglesias fernández

OUTONO CÉFIRO

(CATHERINE ABEL )


O óleo Autumn Zephyr (“Céfiro outonal ou de outono), de Catherine Abel, a pintora autodidacta australiana nada en 1966 que creu conveniente actualizar coas súas mulleres angulares e sedutoras, o estilo art déco da polaca Tamara de Lempicka. 

Na obra da artista australiana Catherine Abel conflúen o cubismo, o art déco, o modernismo, o postimpresionismo e o renacentismo italiano. O resultado desta amálgama concrétase en retratos femininos cheos de luz e cor, en paisaxes de construción xeométrica e en delicados bodegóns que revelan un notable dominio do debuxo e a técnica pictórica.

Catherine Abel é unha artista australiana nada en 1966 en Queensland do Norte. 

Nas súas pinturas figurativas combina a elegante e estilizada xeometría do período Art Déco coa claridade, riqueza de cor e profundidade de luz dos mestres do Renacemento italiano. As súas obras son composicións poderosamente sedutoras de gran beleza, elegancia, forza e graza.

Autodidacta, comezou a pintar profesionalmente despois de se mudar a París en 2000. Influenciada en gran medida pola arte e a historia europea, mergullouse na súa pintura, construíndo rapidamente a súa reputación como artista.

Expuxo en Australia, Francia e os Estados Unidos e é unha retratista moi solicitada. Foi finalista dos premios de retratos Archibald, Sulman e Portia Geach, e as súas obras están presentes en coleccións privadas de todo o mundo.

É fácil ver a de Pablo Picasso, na súa época cubista, a de George Braque, Salvador Dalí, André Lhote, e sen dúbida, a máis forte de Tamara de Lempicka.

Comezou a súa carreira profesional no ano 2000, co seu estilo figurativo crea obras de forte poder sedutor, cargadas de sensualidade feminina, que conseguen sorprender gratamente o espectador.

Tras tres anos en Europa, expondo en París e Estados Unidos, regresou a Australia para instalarse en Sydney, onde reside e traballa.

A pintora Catherine Abel

Portada dun libro

Portada dun libro