a nena afgá 

SHARBAT GULA

STEVE MC CURRY

MAR HERMIDA PICO

muller afgá

(steve mCCURRY


A nena foi retratada por McCurry cando tiña 12 anos, en xuño de 1984 no campo de refuxiados de Nasir Bagh, durante a guerra de Afganistán.

Mc Curry foi o fotógrafo que revelou o último carrete desta mítica película. Para realizar a fotografía da nena afgá, ademais de película Kodachrome 64, McCurry empregou unha cámara Nikon FM2 e unhas lentes Nikkor 105mm Ai-S F2.5.

O fotógrafo lembra o seu receo: aquel home era un descoñecido, e nunca a fotografaron. O campo de refuxiados en Paquistán era un labirinto caótico de tendas de campaña. No interior dunha delas, a da escola, aquela nena foi o primeiro que chamou a súa atención. Ao percibir a súa timidez, abordouna en último lugar. Ela accedeu a pusar.

É unha das fotos máis populares da historia... e estivo a piques de non ser. Como case todas as grandes historias, a casualidade, o cambio de opinión a última hora, o azar ou unha combinación de todos eles provocou que a edición de xuño de 1985 de National Geographic abrise cunha imaxe tan impactante entón como icónica agora: a foto da nena afgá.

National Geographic creou un fondo de axuda para mozas afgás chamado Afghan Girls Fund. O reencontro foi, de novo, portada da revista e deu pé a un documental para televisión e un DVD. Ademais, creouse unha fundación non lucrativa de apoio ás mulleres afgás que en 2008 ampliou a axuda aos seus fillos.

17 anos despois, National Geographic financiou unha nova expedición co obxectivo do reencontro de McCurry coa nena. Grazas a ese reencontro, o fotógrafo soubo o nome da nena e a idade que tiña. A nova refuxiada puido ver por primeira vez o seu retrato. National Geographic publicou un artigo con todos os detalles da expedición.

En 2002 tiña 30 anos de idade e tres fillos. Pouco despois da primeira fotografía casou co seu actual marido e regresou a unha aldea de Afganistán (a primeira fotografía foi realizada nun campo de refuxiados de Paquistán).

O 19 de outubro de 2016  Sharbat Gula, a nena afgá famosa por protagonizar unha das portadas máis coñecidas de National Geographic en 1985, foi detida en Paquistán por posesión ilegal dun documento de identidade dese país, onde vive nun campo de refuxiados.


Portada da National Geographic (1985)

Antes e despois

O fotógrafo Steve McCurry