a leiteira

JOHANNES VERMEER

PURI PAÍNO RODRÍGUEZ

a leiteira

(JOHANNES VERMEER)


A leiteira (en neerlandés: Het melkmeisje ou tamén De keukenmeid ou De melkmeid) é un dos cadros máis famosos do artista holandés Johannes Vermeer, cuxa datación, como case toda a obra de Vermeer, só pode ser aproximada. Trátase dun óleo sobre lenzo de reducidas dimensións, custodiado no Rijksmuseum de Ámsterdam desde a súa adquisición en 1908.

Na esquina dunha habitación iluminada por unha xanela vese unha muller, probablemente unha criada, facendo o seu traballo co leite de cabra que estaba nunha xerra nun recipiente de barro que descansa sobre unha mesa. Nesta, e nun primeiro plano, hai unha cesta de vimbiO, varios pedazos de pan e unha xerra azulada.

O resto da habitación é bastante austera; case espida, baleira e soa. Apenas alberga máis decoración que un sinxelo cesto colgado dunha das paredes. Destacan os sinxelos debuxos dos azulexos do fondo da escena.

Esta pintura consegue unir dun modo maxistral dous conceptos que en principio parecen antagónicos: unha sensación de monumentalidade e un gran acougo. A criada atópase no seu universo particular, nun interior case espido, coa presenza duns poucos obxectos sinxelos. O xesto inmortalizado por Vermeer ten algo de estatua antiga; está de pé, bañada en luz. O pintor utilizou as súas cores: o azul (realizado cun pigmento, o azul de ultramar, derivado do lapislázuli),1 e o amarelo, en sorprendente harmonía.

Os obxectos da mesa constitúen, como tantas veces en Vermeer, unha auténtica natureza morta, onde o pintor fai gala da súa excelente técnica para a plasmación do sinxelo, conseguindo resultados vivos e limpos.

É unha escena da vida cotiá, onde se presenta a unha muller traballadora. Neste caso Vermeer quería pór á muller como un ser forte e que dá exemplo. Este cadro ten realismo, teatralidade e dinamismo e está feito cun contraste de luces e sombras. É un óleo sobre lenzo e os trazos son finos.


O pintor Johannes Vermeer

Versión de Playmobil

Conto de Manuel Rivas en Que me queres, amor?