JEANNE HÉBUTERNE CON GRANDE SOMBREIRO

AMEDEO MODIGLIANI

mari gonzález díaz

JEANNE HÉBUTERNE CON GRANDE SOMBREIRO

(AMADEO MODIGLIANI, 1918)

A través de Léopold Zborowski, o cadro entrou a formar parte da colección de Jones Netter. Este un hábil home de negocios, apaixonado da arte, que confiaba a Zborowski a adquisición de cadros de Modigliani e Utrillo. Parece mesmo que Nettier financiaba a Zborowski, quen se ocupaba de xestionar as relacións cos artistas.

Na colección de Netter figuraban cadros de Modigliani como O gran desnudo ou Almatsa, comprados non con vistas á posibilidade dunha especulación económica, senón só en virtude dunha elección por gusto, que anticipaba, antes de 1920, a fortuna do pintor livornés, así como de Utrillo.

Este retrato representa ao dezanove anos de idade a Jeanne Hébuterne, que en 1917 se converteu na compañeira de Amedeo.

A muller de Roger Wild, que a coñeceu antes de que se fose a vivir con el, lémbraa como unha rapariga seria, intelixente, unha forte personalidade con grandes dotes de pintora.

O retrato está construído coma se se encaixase en partes compactas de cor cálida e pleno, subdivididas por liñas case incisas que sintetizan as formas arqueadas. A luz, como se ve na reverberación da parte dos ollos, baixo o chapeu, revela estar minuciosamente estudada.


O pintor Amedeo Modigliani

Outro cadro do pintor