a gioconda ou mona lisa

LEONARDO DA VINCI

lidia corral cerviño

a gioconda

(LEONARDO DA VINCI)

A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.

O cadro foi pintado entre 1503 e 1519. A pintura ao óleo en madeira exposta agora no Museo do Louvre en París é a maior atracción do museo.

A pintura foi traída da Italia para Francia polo propio Leonardo en 1516, cando foi convidado polo rei Francisco I de Francia para traballar na súa corte. Francisco comprou a pintura, que pasou a exhibirse en Fontainebleau e despois no Palacio de Versailles. Após a revolución francesa, o cadro foi levado para o Museo do Louvre. O emperador Napoleón Bonaparte era un apaixonado polo cadro e mandou colocalo nos seus apousentos. Durante as guerras coa Prusia, a Mona Lisa, xunto a outras pezas da colección do Museo, foi escondida nun lugar seguro.

O 22 de agosto de 1911 a Mona Lisa foi roubada. O poeta francés Guillaume Apollinaire foi preso e posto na cadea baixo sospeita do roubo o 7 de setembro. Pablo Picasso foi preso para un interrogatorio, mais ambos foron liberados máis tarde. Acreditouse entón que a pintura estaba perdida para sempre, pero o certo é que todo foi moito máis simple. O empregado do Louvre Vincenzo Peruggia, acreditando que a pintura pertencía á Italia e non debía ser mantida na Francia, roubouna simplemente levándoa escondida debaixo da roupa para fóra do museo. O cadro foi recuperado cando Peruggia intentou vendelo a un negociante de arte de Florencia. A Mona Lisa foi despois exhibida en varios museos italianos e retornou ao Louvre en 1913. Durante a primeira e a segunda guerra mundial a pintura foi outra vez removida do Louvre e almacenada nun lugar seguro.

En 1956, a parte inferior da pintura foi severamente danada despois dun ataque con ácido. Varios meses máis tarde, a pintura foi novamente obxecto dun atentado, desta vez por un individuo que lle tirou unha pedra. Desde entón, o cadro encóntrase protexido por un vidro de seguridade. En 1962, a pintura foi emprestada aos Estados Unidos e exhibida en Nova York e Washington. Antes desta viaxe, a pintura foi asegurada en cerca de 100 millóns de dólares americanos, o que lle mereceu unha mención no Guinness Book of Records como o obxecto mais valioso de sempre. Este valor só foi superado recentemente (4 de maio polo cadro de Picasso Garçon à la pipe vendido por 104,1 millóns de dólares. A Mona Lisa saíu do Louvre unha vez máis, en 1974, nunha xira que incluíu Toquio e Moscova.

Moitos historiadores da arte acreditan que o modelo usado para a pintura pode ter sido a esposa de Francesco del Giocondo, un rico comerciante de seda de Florencia e unha figura prominente no goberno florentino. Esta opinión fundaméntase nunha indicación feita por Da Vinci durante os últimos anos da súa vida, a propósito dun retrato dunha determinada señora florentina feita da vida ao pedido do magnífico Giuliano de' Medici. O primeiro biógrafo de Da Vinci, Vasari, tamén pintor, describe o retrato como sendo de Mona Lisa, esposa do cabaleiro florentino Francesco del Giocondoque. Porén, pouca cousa se sabe da súa vida e moito menos da historia da súa muller, Lisa Gherardini, nacida en 1479. Sábese que casaron en 1495, mais do feito non hai ningunha proba de que podería ter sido a señora dun Medici a muller que Da Vinci referenciou. O título alternativo ao traballo, La Gioconda, aparece apenas por primeira vez nun texto escrito máis tarde, en 1625, que se refire ao traballo como un retrato dunha determinada Gioconda. Esta referencia non contradí nin sostén a hipótese de que o modelo sexa a muller de Giocondo, unha vez que en italiano gioconda pode significar unha muller alegre.

Lillian Schwartz, científico dos Laboratorios Bell, suxire que a Mona Lisa é na verdade un autorretrato de Leonardo. Esta teoría baséase no estudo da análise dixital das características faciais do rostro de Leonardo e os trazos do modelo. Comparando un autorretrato de Leonardo coa muller do cadro, verifícase que as características dos rostros aliñan perfectamente. Os críticos desta teoría suxiren que as similitudes son debidas ao feito de ambos os retratos teren sido pintados pola mesma persoa usando o mesmo estilo. A teoría de que a Mona Lisa é un autorretrato deféndese no libro O Código Da Vinci.

O historiador Maike Vogt-Lüerssen de Adelaida suxeriu, após ter estudado o asunto por 17 anos, que a muller tralo sorriso famoso é Isabel de Aragón, Duquesa de Milán, para quen Leonardo da Vinci traballou como pintor da corte durante 11 anos. O padrón do vestido verde escuro de Mona Lisa indica, segundo este estudoso, que o modelo é un membro da casa de Visconti-Sforza. O retrato de Mona Lisa tería sido o primeiro retrato oficial da nova Duquesa de Milán e pintado no inverno ou verán de 1489. O autor compara cerca de 50 retratos de Isabel de Aragón, representada como a Virxe ou Santa Catarina de Alexandría (nos cales só a propia duquesa podería servir de modelo), e conclúe que a semellanza á Mona Lisa é evidente. Roni Kempler, un fotógrafo suxire que a Mona Lisa é en realidade a nai de Leonardo, Caterin



Leonardo da Vinci

O home de Vitruvio (1492)

A Gioconda en playmobil