A MOZA DA PERLA

JOHANNES VERMEER

Lucía Varela Janeiro (3º ESO)

a moza da perla

 (Johanness vermeer)



A moza da perla, tamén coñecida como Rapariga con turbante, é unha das obras mestras do pintor neerlandés Johannes Vermeer realizada entre 1665 e 1667. Como o nome indica, utiliza un pendente de perla como punto focal. A pintura atópase actualmente no museo Mauritshuis da Haia.

Recentes escritos sobre Vermeer apuntan a que a imaxe era un tronie, nome que se daba en Holanda no século XVII ás efixies peculiares ou expresivas, de uso decorativo, que non tiñan intención de ser un retrato identificable e que en moitos casos os pintores producían para demostrar a súa pericia.

Tras a maior e máis recente restauración do cadro en 1994, a sutil combinación da cor e a íntima mirada fixa da moza cara ao espectador realzáronse moito. Tal realce débese a un contraste entre un fondo moi escuro e o que se pode ver do corpo vestido da rapariga; é dicir, hai un tenebrismo que neste caso resulta case caravaggiano, aínda que sen as actitudes dramáticas do estilo, e mantense a típica e cristalina tranquilidade que caracteriza a maior parte das obras de Vermeer de Delft.

Seguindo os consellos de Victor de Stuer, quen durante anos tentou previr que as raras obras de Vermeer se vendesen a grupos de estranxeiros, A. A. des Tombe comprou a obra nunha poxa na Haia en 1881 por só dous floríns e trinta céntimos. Nese momento, o seu estado de conservación era moi malo. Des Tombe morreu sen herdeiros e doou este e outros cadros ao museo Mauritshuis en 1902.

En 1937, unha obra moi similar, que nese momento tamén se atribuía a Vermeer, foi doada polo coleccionista Andrew W. Mellon á Galería Nacional de Arte de Washington, D.C. Está amplamente considerada hoxe en día como falsa. O experto en Vermeer Arthur Wheelock alegou nun estudo de 1995 que leste outro cadro é obra do artista e falsificador do século XX Theo van Wijngaarden, un amigo de Han van Meegeren.


Novela de Tracy Chevalier

Filme baseado no libro de Tracy Chevalier

O cadro no Museo da Haia