Saídas á contorna

Para este curso 23-24 propuxémonos facer, por escolas, mínimo unha saída a contorna de forma mensual. Deixámosvos a continuación algunhas fotografías.

Apañamos castañas

Nas distintas escolas do CRA aproveitamos a marabillosa contorna que temos para coñecer a árbore das castañas: o castiñeiro.

Saída á contorna de Verdillo

O alumnado da Escola de Verdillo, tanto de Infantil como de Primaria, planificamos e gozamos dunha mañá polos arredores da nosa escola e achegámonos ás pistas deportivas. Primeiro traballamos de forma visual, o mapa, para saber que camiño iamos tomar, para despois poñernos en marcha coas merendas ás costas. Canto aprendemos!

Caderno de campo

Na escola de Rega aproveitamos o libro dos montes para ir apañar pinas e follas pola contorna. Puidemos observar que o paso do outono está deixando o chan repleto de follas marróns.

Visita ao mercado e a Chocolates Mariño

A escola de Artes visitou, no mes de abril, o mercado de abastos de Carballo e a emblemática tenda de Chocolates Mariño fundada en 1927.

No mercado coñecemos diferentes postos segundo a procedencia dos alimentos: froitería, carnicería, peixería, panadaría... e aproveitamos para que as tendeiras e tendeiros nos contasen máis sobre os produtos que vendían e sobre o seu traballo.

Na fábrica de chocolate explicáronnos a elaboración destes manxares e mercamos algunha que outra tableta para degustalos máis tarde.

Gustounos moito aproveitar a mañá para camiñar polo centro de Carballo e achegarnos tamén a conocer o Concello, a Policía Local, a Policía Nacional e, como non, xogar no parque da praza.

Anotamos esta saída para que a fagamos todas as escolas o curso que vén, encantounos!