Plans proxecta

Curso 23-24

O Plan Proxecta+ é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.

O programa abarca diversas temáticas vencelladas a obxectivos como: igualdade e educación afectivo-sexual, movilidade sostible, educación patrimonial, hábitos de vida saudables (alimentación e vida activa e deportiva), desenvolvemento sostible e concienciación medioambiental, ciudadanía mundial, etc. Para conseguir acadar os obxectivos plantexados, este plan promove a realización de proxectos interdisciplinarios que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro e poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Desde o CRA Ponte da Pedra, durante o curso 23-24 participarase en tres deles.

Proxectos do curso 23-24

Nutriescolas

PVAD

Donas de si

Sós chegariamos máis rápido, pero en equipo sabemos que chegaremos máis lonxe, polo que deixamos aberta esta páxina para compartir con vós distintas actividades relacionadas con todos estes proxectos. Agardamos que sexan do voso interese e esperamos que queirades participar en todos eles.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

O 25 de setembro de 2015, os líderes mundiais adoptaron un conxunto de obxectivos globais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sostible. Cada obxectivo ten metas específicas que deben alcanzarse nos próximos 15 anos.

Para alcanzar estas metas, todo o mundo ten que facer o seu parte: os gobernos, o sector privado e a sociedade civil.

Temos ata o ano 2030 para aportar o noso gran de area, ven a coñecer os ODS e participa para que estemos máis cerca da meta.