Coidámonos cos cinco sentidos

Plan de Vida Activa e Deportiva

Este programa busca incrementar a actividade física diaria do alumnado, tanto dentro como fóra do centro, para a mellora da saúde dos escolares.

A todas ás actividades engadidas neste apartado, hay que engadirlle as que foron elaboradas ao aveiro do Plan proxecta Nutriescolas xa que está directamente relacionado cos hábitos de vida saudables. As cales podedes atopar nesta mesma páxina web na súa correspondente lapela.

Promoción de hábitos de vida saudable

Deixámosvos aquí un documento elaborado no curso 22-23 sobre a promoción de hábitos de vida saudable no que se recollen algunha propostas que temos como centro ao respecto.

Promoción hábitos de vida saudable CRA PONTE DA PEDRA.pdf

Actividade física e saúde na infancia e na adolescencia

Deixámosvos a continuación un resumo elaborado polo "COLEF: Consejo General de la Educación Física y Deportiva" sobre as recomendacións da OMS sobre actividade física.

Lembrade que calquer cambio, por pequeno que vos pareza, ten repercusión na nosa saúde. Movámonos máis!

Practica deporte no Concello de Carballo

O Concello de Carballo dispón dunha ampla variedade de entidades deportivas nas que probar as disciplinas que máis vos gusten. Deixámosvos a continuación un enlace á páxina web do Concello na que poderedes atopar as instalacións deportivas e as entidades deportivas aquí recollidas.

Vémonos movendo o corpo!

Metodoloxías activas

No noso cole sabemos ben que o alumnado como mellor aprende é tendo a oportunidade de moverse, polo que dentro das aulas non ía ser menos. Pensámolas e deseñámolas para facilitarlles a libre circulación, durante toda a xornada ou en tempos marcados de propostas. Contamos con mobiliario como mesas e cadeiras, pero tamén alfombras para permitirlles o traballo no chan. Deixámosvos as fotografías dalgúns dos nosos espazos.

Hábitos de hixiene

En todas as escolas temos presente que os hábitos de hixiene arredor da merenda son de grande importancia para ter unha boa saúde. Recalcamos a importancia de lavar as mans tanto antes como despois de rematar a merenda, así como sempre que estén visilemente sucias. Nalgunha escola, ademais disto tamén contamos con cepillos para unllas para utilizar despois de xogar ca terra e a area no patio. Contar con baño ao lado das aulas facilítanos moito cumprir este hábito que forma parte tamén do currículo que traballamos na escola.

Xogamos con cabeza e corazón

Na materia de Educación Física e psicomotricidade, a nosa mestra Ana organizou distintas actividades relacionadas co funcionamento do corpo humano e hábitos saudables que debemos seguir. Gracias a elas, puidemos seguir traballando e ampliando o tema nas distintas clases. Deixámosvos a continuación unha selección de fotografías sobre isto e un exemplo de documentación da actividade.

COIDAMOS O CORAZÓN.pdf

Coñecemos o millo

No mes de novembro, na Escola de Artes, tivemos a sorte de ter unha clase sobre o millo. Unha familia invitounos ao seu terreo a apañar un pouco millo. Logo disto, fomos á escola, coñecemos cada unha das partes e colgámolo baixo tellado para poñer a secar. Rematamos a xornada agotados de tanto movernos, pero foi un gran día.

Deporte coa veciñanza

No mes de marzo aproveitamos unha mañá, na Escola de Artes, para facer exercicio cos veciños do centro social. O seu profe dirixiu unha sesión para o seu alumnado e invitounos a participar con eles no espazo común que temos diante da escola.

Agardamos que o pasaran tan ben coma nós e poder repetir máis veces.

Ioga

Un pouco de ioga para mover o corpo sempre nos vai ben, tanto para relaxarnos como para mover o corpo exercitándonos.

Roteiro literario

No mes de abril, o alumnado de primaria, realizou un roteiro literario organizado polo Concello 

Lembrade que vós tamén o podedes facer pola vosa conta, posto que o Concello de Carballo puxo varios mapas para poder percorrer todos os puntos, coa súa correspondente explicación. Non deixedes pasar a oportunidade de aprender un pouquiño sobre a nosa historia e, de paso, de mover o corpo.

Percorrer Carballo por lugares vinculados a autores locais e aos seus libros é o obxectivo do novo Mapa Literario de Carballo. O chamado “trolebús literario” xa está colocado en varias ubicacións (e na rede en https://mapaliterariocarballo.gal/) con dúas rutas sinalizadas. Un mapa que pretende ser un recurso turístico, cultural e mesmo deportivo, ademais dun importante recurso educativo.

Nos fixemos unha mezcla das dúas rutas cun guía marabilloso que nos estivo a explicar os puntos que considerou máis relevantes para o noso alumnado, comezando na casa natal de Xesús San Luís Romero e rematando na escultura peixe.

Propostas corpo humano

Na aula de Xoane aproveitamos as propostas que hai no recuncho de ciencias para abordar como coidar do máis importante que temos, a saúde e o corpo. Falamos de canto temos que durmir, o tempo de exercicio diario que necesitamos para manter saudables os ósos e os músculos, o tipo de alimentos ricos en nutrientes que nos axudan a crecer sans... Todo isto tamén nos abriu a porta a debater sobre o uso que facemos do noso tempo libre: actividades extraescolares nas que participamos, que actividades facemos os fins de semana, canto tempo vamos ao parque e como non, o tempo que pasamos diante das pantallas.

Día da poesía

O día da poesía decidimos facer, na escola de artes, unha xincana poética cuxa misión era a de coñecer o parque novo que construíron cerca da escola. As profes esconderon unha serie de pistas no camiño, nos cales o alumnado tiña que recitar un anaco dun poema, adiviñar a palabra segreda dun pequeno texto...

Actividade física nos hortos

O coidado do horto tamén nos corresponde a nós, polo que non houbo outra que coller sachos e pás e poñernos a traballar movendo as mans e todo o corpo.

Isto tamén nos serviu para darnos conta de todo o esforzo que hai detrás dos alimentos que mercamos no supermercado, que duro é ser agricultores!

Día de Rosalía

O 23 de febreiro conmemorouse a figura da escritora Rosalía de Castro, e para poder compartilo coa comunidade educativa, propúxose desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega, unha actividade que consistía en decorar e entregar poemas, desta autora, á veciñanza das escolas para poder lembrar a súa figura como unha das máis importantes da nosa lingua. Aproveitamos a actividade para pasear polas rúas das nosas parroquias, conocer a paisaxe, falar coas veciñas e mover o corpo.

Agardamos que algún deses poemas chegase ás vosas casas, non dubidedes de mandarnos fotos cando vos cheguen!

Protexemos o corpo dos raios solares

Na Escola de Xoane falamos moito sobre como coidar o corpo. Agora que estamos na primavera e xa contamos con tempo soleado, as familias aportaron cremas solares á escola para que as poidamos utilizar antes de saír ao patio e protexer así a nosa pel. Xa o curso pasado contabamos con gorra, así que as dúas cousas á vez formarán parte das nosas rutinas de patio.

Letras Galegas

Este ano adícaselle o día das Letras Galegas a Luísa Villalta, se queredes conocer o que fixemos para traballar a súa figura, acudide ao apartado desta páxina "Donas de si".

O día 16 de maio celebramos este día, todo o profesorado e alumnado do CRA, cun concerto de Paco Nogueiras que nos fixo cantar e bailar ao ritmo das súas cancións. Ademais do concerto tamén houbo momento para participar en distintos xogos tradicionais (birlos, unha adaptación do xogo da ra, mariola...) e outros xogos de movemento (zancos, construcións, tres en raia, equilibrio con táboa curva...). Sempre aproveitamos calquera oportunidade para mover o corpo!

LETRAS GALEGAS 2024.pdf

Contacontos e xuntanza interxeracional

Dentro do plan proxecta Donas de si, o alumnado de Educación Primaria participou nun contacontos pola igualdade ofrecido pola Secretaría Xeral da Igualdade para visibilizar a figura de Ángeles Alvariño. Esta actividade consistiu na narración da súa biografía á vez que unha ilustradora plasmaba o retrato desta muller importante na ciencia en Galicia. Aproveitamos este día tamén para facer coincidir esta actividade con outra organizada polo Concello na que participaron distintas asociacións como: ASPABER, AFABER ou ÍNTEGRO. As persoas usuarias destas asociacións, xunto coas alumnas e mestras do obradoiro de emprego de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais participaron tamén da actividade. Xogamos a distintas actividades cos usuarios das asociacións e compartimos unha merenda elaborada polo taller de hostelería e cociña.

Semana da bicicleta

O día 3 de xuño celébrase o Día da bicicleta e, para celebralo no noso cole, fixémolo ao longo desa semana en cada unha das escolas coincidindo con unha das sesións de Educación Física/psicomotricidade.

Cremos que fomentar o deporte desde cativos é moi importante para adquirir uns hábitos de vida saudables que nos acompañen o resto da nosa vida, polo que a nosa intención é plantar a semente e que esta siga brotando a medida que crecen.

Deixámosvos fotos desta semana tan activa que tivemos.