Na escola de Xoane xa temos preparado o noso recuncho de cociña. Contamos con táboa para cortar, coitelos adaptados, cortador de mazá e agora, coa implicación das familias, tamén temos tazas para beber. Todo isto vainos perfecto para enriquecer o ambiente de vida práctica que temos na propia aula.
Na escola de Verdillo preparamos este riquísimo biscoito de cabaza. O alumnado pesou, mediu e escribiu a receita para despois comela😋.
Que rico estaba!
Na escola de Xoane aprendemos a usar os utensilios de cociña para preparar as nosas merendas: cortamos mazá, pelamos e cortamos plátano en cachiños.
Actividades de vida práctica para o noso día a día que nos permiten gañar autonomía e independencia nas merendas, fortalecer as mans e seguir unha secuencia lóxica nos pasos para preparalas. Canto traballiño hai detrás!
Na escola de Verdillo fixemos un postre doce con caqui. Pelamos, cortamos e picamos o caqui para logo mesturalo con cacao 100%. Estaba riquísimo!
Na escola de Rega preparamos pan de millo paso por paso: debullamos o millo, moémolo, peneirámolo, amasámolo e enfornámolo ata chegar ao mellor momento, comelo!! Aproveitamos tamén para traballar a temática do día contra a violencia de xénero do 25N co conto "Maruxa".
Na Escola de Cances fixemos un concurso de ensaladas coas leitugas que recollemos da nosa horta. Para iso tivemos primeiro que crear a nosa receita (escribindo, debuxando ou pedindo axuda a un compañeiro ou á mestra), pensando naqueles ingredientes que queriamos utilizar para enriquecela. O resultado foi xenial, agardamos repetir para o curso que vén, xa que comer ensalada non ten que ser aburrido!
Na Escola de Artes tivemos unha saída ben productiva. Visitamos nada máis e nada menos que a unha das nosas avoas e fixemos, como non, tarta da avoa con ela. Repasamos os ingredientes necesarios e foinos contando como a elaboraba ela.
Tamén preparamos froita en brochetas e mollámolas en chocolates Mariño.
Moitísimas gracias por invitarnos a túa casa e compartir tempo con nós.