Patios activos

Patios activos todos os días!

No CRA Ponte da Pedra aproveitamos ao máximo os nosos patios!

As botas de auga xa son o habitual nas nosas escolas e, nalgunhas delas, incluso nos aventuramos coa roupa de auga todos os días.

Detrás disto hai moito traballo que non se ve: maior autonomía e independencia no vestido e no calzado, ordenar a roupa que poñemos e a que deixamos, gardar zapatillas e/ou zapatos no seu lugar, ser consciente de que chove e poñer a capucha... Pero tamén hai moito traballo de organización na escola para: buscarlle un lugar á roupa mollada para que non manche e poida secar para a seguinte vez, limpar os rastros de auga, dar tempo para que se cambien se se colou auga debaixo da roupa...

Pero ao fin e ao cabo, o ser humano non é efervescente, non nos derretimos coa auga! Como di un refrán noruego: "Non hai mal tempo, senón roupa inadecuada".

Deixámosvos a continuación fotografías dalgúns momentos nos nosos marabillosos patios.