25N

Coidámonos cos cinco sentidos

25 N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Neste 25N quixemos seguir a semente que plantamos o ano pasado sobre a importancia dos coidados e como estes son a base contra a violencia de xénero. Este curso estamos a elaborar un PDI titulado "coidámonos cos cinco sentidos" no que estamos a facer diferentes actividades relacionadas cos coidados. 

En todas as escolas do CRA realizamos actividades de concienciación sobre a Violencia de xénero, incidindo na necesidade dunha sociedade baseada nos coidados. Este mes de novembro conmemórase o día contra a violencia de xénero e para iso decidimos utilizar as figuras de mulleres próximas ao alumnado e darlles o protagonismo que realmente teñen nas súas vidas. Para iso, cada alumna e alumno escolleu a unha muller da súa contorna que a adoita coidar e anotamos algunha idea de como podiamos coidar nós delas. Reflexionar sobre como nos coidan estas persoas e que lles gusta facer con elas, para tamén agradecer e facer que se sintan coidadas pola nosa parte.

Unha actividade que sen duda algunha tivo unha fonda pegada e que nos enganchou desde o primeiro día. Moitísimas gracias, familias, por participar connosco.

Visita á exposición do 25N no Concello

Visitamos a exposición do 25N no Concello.

Semana do 25 N na escola de Rega

Na escola de Rega preparamos pan de millo paso por paso: debullamos o millo, moémolo, peneirámolo, amasámolo e forneámolo ata chegar ao mellor momento, comelo!! Aproveitamos tamén para traballar a temática do día contra a violencia de xénero do 25N co conto "Maruxa".