Aniversarios saudables

Para este curso 23-24 decidimos desde o cole promover hábitos saudables e cremos que para conseguilo tamén é hora de ir engandindo pequenos cambios nas celebracións para que estas non se relacionen soamente con comida altamente palatable e de mala calidade. A nosa proposta é a de invitar ás nosas familias a compartir connosco froita e biscoitos de elaboración casera no que se intenten priorizar ingredientes saudables ou facendo pequenos cambios (reducir a cantidade de azucre, fariña integral, utilizar graxas saudables...).

Esta lapela busca ser un exemplo de boas prácticas alimentarias relacionadas con celebracións para ofrecervos ideas, coa intención de que pouco a pouquiño consigamos este cambio entre todas.

Aniversarios saudables

As celebracións de aniversario tamén se poden celebrar con alimentos do máis nutritivos. Comezamos o curso con este pavo real de espetadas de froita e uns plátanos con sombreiro do máis divertido. Gracias ás familias implicadas que fan cousas tan chulis para compartir e nutrir a nosa saúde.

Desta vez tocou celebrar o aniversario xunto con espetadas de froitas xunto cun biscoito de laranxa feito na casa. Estaba todo riquísimo e atrevémonos a probar froita que parecía que non nos gustaba antes: pera, mazá, fresa, kiwi, sandía e plátano...

Gracias a todas as familias por compartir e celebrar con nós.

Aquí vos deixamos tamén outros exemplos, mesmo tamén un doce que viña con receita para que poidamos replicalo na casa!