Sobre Nós
AUGA V.A é unha empresa que se sitúa no sector da Xestión de Servizos Deportivos e Mantemento Integral de Instalacións.
Fundada no ano 2015, definímonos como un equipo de profesionais serios e responsables con diferentes habilidades e experiencia, abertos a tódolos puntos de vista, o cal é fundamental para alcanzar e avanzar nas nosas metas comúns: manter a nosa reputación de excelencia e aportar ó mercado un sinfín de servizos que satisfagan as necesidades dos nosos clientes.
O trato persoal e de confianza, é outra das nosas grandes diferencias, fuxindo da atención puramente comercial e masificada das grandes multinacionais. En definitiva, o noso grupo humán é o noso maior “CAPITAL”, o noso maior “VALOR”.
¿Que Facemos?
Optimizar o rendemento social, deportivo e económico das instalacións deportivas da entidade que contrata os nosos servizos.
Facer da Instalación deportiva unha referencia de ocio, deporte e saúde, contribuíndo a fomentar o prestixio do pobo ou cidade.
Ofertar unha amplia gama de actividades deportivas e sociais para chegar a cubrir o maior sector posible da demanda.
¿Por Qué o Facemos?
Porque nos gusta o que facemos. Porque as experiencias realizadas nos dan mostra de que vimos por un bo camiño. Porque somos capaces de entender as necesidades e os requerimentos das entidades contratantes, formando un equipo sólido e eficaz que non escatima en esforzos para ofrecer solucións.