6 CONSELLOS NATACIÓN 💦 INFANTIL 👦
Deixámosvos unhas recomendacións para que teñades en conta nos cursos de NATACIÓN INFANTIL dos vosos rapaces.👍
✅DUCHA: Antes do baño é obrigatorio ducharse como medida hixiénica, para evitar enfermidades causadas pola cloramina.
✅WC: Tamén é moi importante poñer aos rapaces a facer as súas necesidades antes do comezo do curso, co fin de non interferir no desenvolvemento da sesión.
✅MOTIVA: Cada neno ten o seu ritmo de aprendizaxe. A túa motivación é moi importante para o teu fillo.
❌ESCARPÍNS: Actualmente estase a estender o uso de escarpíns nas piscinas. Cabe suliñar que éstes non sustitúen o uso de chanquetas. Por outra banda débese revisar o estado dos escarpíns para evitar entradas de auga que dificulten o correcto movemento das pernas.
❌GAFAS DE MERGULLO: Non se recomenda o uso deste tipo de gafas que cobren o nariz. A exposición á auga das vías aéreas nestas idades é crucial para un correcto aprendizaxe.
❌CHANQUETAS DE ATAR: Desaconséllase o uso de chanquetas con suxeicións complexas que dificulten que o neno poida quitalas e poñelas.