Normativa Piscina
Normativa Piscina
Os menores de 7 anos e en todo caso os menores de idade que non saiban nadar, deberán de ir sempre acompañados dun maior de idade.
O pago dunha entrada permite o uso do servizo de piscina e ximnasio, con dereito á sauna.
A partires dos 8 anos de idade é obligatorio acceder ó vestiario que corresponda, ou masculino ou femenino.
Prohíbese a entrada na zona de praia con roupa ou calzado de rúa.
É obrigatorio a utilización de chanclas ou zapatillas de baño individuais e de uso exclusivo nos locais destinados a vestiarios e aseos.
É obrigatorio ducharse antes de bañarse na piscina e o uso do gorro de baño.
Prohíbese a entrada a auga de cabeza ou calquera outra zambullida.
Recoméndase nadar sempre polo lado dereito da estaxe e seleccionar aquela que mellor se adapte ó seu ritmo de nado.
O persoal de piscina ten plena competencia para cambiar ós usuarios de rúa en función das necesidades desta para a impartición dos cursos, sin que elo supoña motivo de reclamación, xa que en todo momento hai estaxes de nado libre.
O uso de aletas, palas e de calquera outro material para o nado, quedará condicionado á supervisión do socorrista, o cal en virtude da afluencia de cada momento nas distintas estaxes da piscina, decidirá se se pode usar ou non.
O público , espectadores, visitantes ou acompañantes só poderán acceder ás zonas que lles sexan destinadas, utilizando accesos específicos, e só nas datas sinaladas pola dirección.
As clases non son recuperables se coinciden en días festivos ou períodos vacacionais, ou se por causas de forza maior a empresa ou o órgano contratante tivera que pechar a instalación, sen que isto supoña a devolución de importe algún.
Prohíbese beber, comer, fumar na zona de baño e vestiarios, así como abandoar desperdicios dentro do recinto da instalación, debendo usarse as papeleiras ou outros recipientes destinados a tal efecto.
As persoas con enfermidades contaxiosas de transmisión hídrica ou dérmicas non poderán acceder á zona de baño.
Evite xogos e prácticas perigosas. Respecte o baño e a estancia dos demais.
O material didáctico poderase utilizar previo consentimento do persoal da piscina.
Se a afluencia de público na piscina supera o máximo legal permitido, o uso limitarase a unha hora e segundo as circunstancias non se permitirá a entrada a máis usuarios. Esta medida non dará lugar a indemnización algunha.
O AFORO MÁXIMO DO VASO: 104 PERSOAS.
Deberase abandoar a zona de Ximnasio, Sala e de Piscina 15 minutos antes do peche da instalación.
Está prohibida a captura de imáxenes ou vídeos con calquera dispositivo móvil, cámara. De xeito excepcional permitirase, previa autorización, e sin capturar imaxes de outros usuarios.
A dirección resérvase o dereito de anular a condición de abonado cando se incumplan de xeito reiterado as normas de utilización das distintas zonas da instalación.