Normativa Xeral
Normativa Xeral
Para realiza-la inscrición e alta como abonado, como actividade ou como servicio débese formalizar o impreso de alta. Posteriormente presenta-la documentación necesaria segundo corresponda.
No momento de realiza-la inscrición deberá aboarse a cantidade correspondente á cota de inscrición ou matrícula, máis a primeira mensualidade.
A cota de inscrición e matrícula, é de carácter irrecuperable, terá unha vixencia desde o día da inscrición ata o día que se cause
baixa.
O sistema de control de acceso de abonados ou eventuais, é persoal e intransferible.
As cotas dos diferentes servicios e actividades que se realizan na instalación poderanse domiciliar na conta do titular, ou realizar o pago na instalación por adiantado entre os días 1 e 7 de cada mes.
Cando un recibo fora devolto pola entidade bancaria, deberase pagar en efectivo na recepción da instalación, abonando os gastos bancarios
ocasionados.
Os abonados que non estean ó corrente no pago das súas cotas non poderán acceder á instalación. A falta de pagamento da actividade ou servicio considerarase
baixa inmediata.
A Dirección da instalación resérvase o dereito de anula-la condición do abonado cando de forma reiterada sexan devoltas as cotas pola entidade bancaria.
A baixa na instalación, actividade ou servicio, deberase comunicar na recepción, indicando o motivo da baixa e entregando o pase de acceso sempre antes do día 25 do mes anterior a causar ésta. Para formalizar a baixa é necesario ter todas as cuotas ó día, e firmar o impreso correspondente.
Cando se causase baixa forzosa por non pagar algunha cota e se queira formalizar unha nova alta, deberase aboar as cotas pendentes.
Unha vez comezado o período de actividade ( mes – trimestre ) non se devolverá o importe do mesmo si se causase baixa non comunicada en tempo e forma, ou por causa xustificada.
Deberase abandoar a zona de Ximnasio e Sala, de Piscina e Pistas, 15 minutos antes do peche da instalación.
O persoal de piscina ten plena competencia para cambiar ós usuarios de rúa en función das necesidades desta para a impartición dos cursos, sin que elo supoña motivo de reclamación, xa que en todo momento hai rúas de nado libre.
As normas de utilización das distintas zonas da instalación deberán ser respectadas en todo momento. O reglamento de réxime interno e distintas normas están expostas na instalación.
A dirección resérvase o dereito de anular a condición de abonado cando se incumplan de xeito reiterado as normas de utilización das distintas zonas da instalación.
Tódolos datos facilitados a través desta folla de inscrición serán tratados con estricta confidencialidade, de acordo coa Lei Orgánica 3/ 2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e do Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 abril 2016.
Consultar na instalación a normativa sobre a toma de imaxes ou vídeos.A Dirección do centro resérvase o dereito a pecha-la instalación en cumprimento da normativa vixente (peche técnico), reformas ou por causas de forza maior, sen que isto supoña a devolución de importe algún.