E TI, CÓMO ADESTRAS?🏃🏋️♂️🏊♀️🏊♂️
Que as gañas por empezar ou continuar unha rutina, disciplina… non che fagan cometer estos erros:
✅SOBREADESTRAMENTO: Non adestres máis do que o teu corpo soporte.
✅NON BEBER: Debes previr a deshidratación. Afecta directamente ó teu rendemento.
✅NON FACER PESAS: Evita estancarte, cos anos perdemos moita masa muscular polo que as pesas son fundamentais para conservar a musculatura.
✅SALTAR O QUECEMENTO: Os teus músculos deben adquirir a temperatura correcta para evitar lesións.
✅TÉCNICA INCORRECTA: Fíxate sempre nos mellores, e pregunta sen medo ó monitor cando teñas dúbidas.
✅CARGAR EN EXCESO: Evita impresionar, deixa o teu ego na porta.
✅ADESTRAR A OLLO: Planifica e apunta as túas marcas, pesos… ou NON PROGRESARÁS.
✅NON COIDAR A ALIMENTACIÓN: Coida o que comes. Os nutrientes son a gasolina do teu corpo.