QUENTAR E ESTIRAR‼️
Como seguro que xa sabes o noso corpo tense que preparar para a práctica de exercicio co fin de non afectar negativamente a nosa saúde.
Estes son algúns dos beneficios que debes coñecer:
ANTES/QUENTAMENTO
Débese realizar uns 15 minutos previos á práctica deportiva.
✅Axuda a previr lesións tales como as escordaduras
✅Amplía o movemento das articulacións.
✅Eleva a frecuencia cardíaca e respiratoria.
✅Aumenta a temperatura corporal
✅Mellora a flexibilidade e desenvolve a concentración
DESPOIS/ESTIRAMENTO
Cada estiramento non deberá ser inferior ós 15 segundos.
✅Relaxa a túa mente.
✅Favorece a circulación.
✅Reduce o cansazo.
✅Estimula a mobilidade das articulacións.