A figura de Virginia Woolf é unha das máis controvertidas da literatura universal. Moito se escribiu sobre ela, moito se especulou, moito se publicou, pero ninguén se atreveu a transformala en debuxo.
Será porque os seus biógrafos se empeñaron en subliñar con trazo groso as zonas escuras da escritora inglesa, pero a Woolf sempre resultou unha escritora temida.
Impedimenta rompeu o tabú e publicou o magnífico álbum que guionizou Gazier e debuxou Ciccolini e o resultado foi un bo libro, fácil, entretido e desmitificador. O que máis chama a atención é a mirada, seminova, dunha Virginia Woolf chea de vitalidade, e cunha actitude sumamente positiva.
Obviamente, o exemplar que nos ofrece Impedimenta non fai un retrato profundo da autora de Orlando ou a Señora Dalloway, senón que esboza con breves e certeiras pinceladas un bosquexo dunha figura que non acaba de estar presente na pintura.
Gazier e Ciccolini, con este bosquexo de escritora sobre fondo incerto, logran o que moitos tentaron, pero non conseguiron: provocar curiosidade pola que foi unha das primeiras escritoras feministas da literatura. Gazier tenta, non desligarse porque iso é imposible, afastarse da imaxe que deron de Virginia o seu marido, Leonard Woolf, ou o seu sobriño Quentin Bell, de muller sumida na depresión. A mirada céntrase nunha escritora que era pura vitalidade e alegría é a súa infancia e primeira mocidade, pero que queda profundamente marcada polas mortes que axiña a rodearon e por unha guerra que non puido comprender e na que sentía que Europa se ía tinguindo de algo que non lle era propio.