PERSONAXE DA BANDA DESEÑADA BRANCA DE NEVE
A Raíña Malvada, a Raíña Grimhilde, ou simplemente a Raíña provén dun conto alemán de 1812 chamado Branca de Neve no que se basea o famoso filme de Disney. É unha das vilás máis grandes e recoñecibles do cinema e enfoca o seu carácter na súa apariencia externa, sendo así fría, sadística, cruel e vaidosa.
Mais poderiamos dicir que é tamén unha muller forte e empoderada e que non responde aos estereotipos da época representados por unha apoucada e moza Branca de Neve, xa que a mensaxe da película é que o poder real das mulleres vén soamente da súa imaxe xuvenil e inocente, necesaria para que os homes vaian ao seu rescate.
Quizais por iso, dende un punto de vista actual, resulta moito máis interesante e complexo a personaxe da Raíña, unha muller forte, decidida e independente.