Mafalda é unha personaxe de banda deseñada do debuxante arxentino Quino. O personaxe deu nome a unha serie de historietas que acadou fama internacional.
O personaxe apareceu por primeira vez en 1964 en "Gregorio", o suplemento humorístico da revista Leoplán. O 29 de setembro dese ano empezou a aparecer regularmente, no semanario Primera Plana. Tivo periodicidade diaria ata 1973. As súas historias foron traducidas a máis de trinta linguas.
En galego publicouse un conxunto das súas historias intitulado Mafalda: tiras de Quino (Lumen, 1984) a tradución feita por Xosé Ramón Díaz e Ramón Reimunde Noreña.
Mafalda é unha nena de clase media arxentina, cunha actitude comprometida ante o mundo, preocupada pola humanidade e a paz mundial. Ao comezar a historieta ten seis anos, e no marzo seguinte comeza a educación primaria. Gústanlle Os Beatles e Woody Woodpecker (Paxaro Tolo). A súa comida favorita son os panqueques, pero aborrece a sopa. Gústalle xogar no parque aos indios e vaqueiros cos seus amigos.