PERSONAXE CREADA POR AKIRA TORIYAMA
Arale Norimaki é unha protagonista da manga e anime creado por Akira Toriyama, Dr. Slump, unha aloucada ginoide con forma de nena de 13 anos creado polo Dr. Sembei Norimaki. Ninguén en Aldea Pingüín sabe que é un androide. Tamén aparece como personaxe para os videoxogos Jump Super Stars, Jump Ultimate Stars, Dragon Ball: Origins e Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi, os tres primeiros para Nintendo DS e este último para PlayStation 2 e Wii.
A trama desta intrigante historia trata sobre un científico non recoñecido e cun aspecto moi divertido, o cal trata de facer que unha das súas invencions sexa famosa e facerse rico e famoso. Aquí e cando aparece Arale, unha androide que a simple vista parece unha nena de dez a doce anos de idade pero a realidade e que ten unha forza maior ca a dun titán e que se alimenta principalmente de aceite de motor.
O androide carece de sentido común, pero conta cunha forza extrema e unha personalidade moi enérxica e inocente. É simpatizante dos animais e a única vez que se lle viu de mal humor (e triste) foi cando, tras liberar un oso do zoológico á vida silvestre, este é atacado por un cazador.
Arale é un robot, por tanto non cumpre con ningunha das moitas funcións dos seres vivos (non crece, non se reproduce, non necesita ir ao baño, etc.). Aliméntase con Robovitamina-A, e encántalle xogar con excrementos. Tamén ten extraordinarias habilidades en todas as materias escolares ás que asiste (Matemáticas, Bioloxía, deportes, etc.).
Tamén aparece varias veces na manga e anime Dragon Ball. A primeira é cando Son Goku visita a Aldea Pingüín, nese momento, Arale vence sen ningún esforzo o Xeneral Blue. A segunda vez aparece na película Aventura Mística, vencendo o asasino Tao Pai Pai axudando a Goku unha vez máis. A última é cando Goku está a buscar as Dragon Balls e atopa dúas na Aldea Pingüín, pero rómpeselle o Radar do Dragón e Sembei tenllo que arranxar, polo que Goku queda uns días na vila e Arale axúdalle a vencer a Patrulla Vermella (Rede Ribbon).