Maki Zenin (禪院真希 Zen'in Maki?) é un dos personaxes da serie manga Tokyo Metropolitan Curse Technical School e a súa serie secuela, Jujutsu Kaisen. É unha estudante de segundo ano do Colexio Técnico de Maxia Metropolitana de Tokio. Forma parte da familia principal do Clan Zenin, unha dos tres clans de elite dos chamáns e é irmá xemelga de Mari Zenim.
Usa anteollos que conteñen enerxía maldita que lle permiten ver as maldicións. No anime, o seu cabelo é representado dunha cor negra averdada e con os ollos marróns.
A lonxitude do seu cabelo é algo que Akutami adoita cambiar cando quere. O autor escribiu a Maki fisicamente forte ao principio da serie debido a como destrúe unha arma usando a forza bruta. Akutami gozou de escribir unha escena na que Yūta consola a Maki no terceiro capítulo, o que provoca que a mesma marche e se ruborice sobre se debe ou non sentirse aceptada por el. Ao ver esta escena, o editor de Akutami, Katayama, dixo que Yūta realmente entendía os sentimentos de Maki. Akutami decidiu revisar esta escena no borrador tras os eloxios do seu editor.
Apareceu por primeira vez na precuela Jujutsu Kaisen como alumna de primeiro ano de Satoru Gojō e compañeira de Yūta Okkotsu, Toge Inumaki e Panda. O manga menciona as orixes de Maki como desertora do clan Zen'in, o que se explora máis a fondo na secuela, onde é un ano maior.
Akutami creou a Maki como un personaxe cuxos orixes se explorarían máis a fondo no futuro da serie, sendo o seu estilo de loita unha mestura de varios invidentes nun só. Mikako Komatsu interprétaa en xaponés e Anette Ugalde en español latino. Maki recibiu recensións xeralmente positivas polos críticos.
Maki recibiu críticas positivas durante o «Arco de adestramento de Kioto» entre os estudantes de jujutsu. Cando o personaxe estaba a piques de mostrar as súas habilidades por primeira vez, un crítico de Anime News Network estaba cansado das varias pelexas que tiña o arco e esperaba que Maki destacase na historia. A batalla final entre as irmás Zen'in recibiu eloxios tanto pola animación como pola exploración do pasado de Maki. The Fandom Post cualificou a Maki como «a estrela da serie» debido a como eclipsa os seus inimigos e mantén unha personalidade arrogante, superando ao personaxe de Nobara Kugisaki. Cómic Book Resources afirmou que Maki e Nobara «destrúen» as expectativas da sociedade centrándose tamén no desenvolvemento das irmás, deixando un momento de amargura debido á tristeza que deixa o episodio ao non explicarse adecuadamente as disputas familiares do clan Zen'in.