ASHLEY SPINELLI

YOLANDA GONDELL DELGADO

ASHLEY SPINELLI

PERSONAXE DA BANDA DO PATIO

En 1997 un grupo de nenos dirixido por T. J. DetWheiler e seguido de Ashley Spinelli, Vince, Gretchen, Mikey e Gus formaron 'The Playground Gang' (“A banda do patio”) unha serie de Disney na que as leccións inculcadas pola señorita Alordayne Grotkey e os acontecementos acontecidos durante o recreo amosan unha serie de debuxos animados adiantados ao seu tempo. Seis temporadas nas que predominan os temas e as mensaxes sociais.

 

Un grupo de amigos de cuarto recrea a sociedade en xeral, cos seus estereotipos e normas. Cada personaxe pode parecer próximo, desde o rei do patio ata o chivato así como cada mensaxe ou comentario pronunciado. Nada é casualidade e todo ten un transfondo social.

 

Os seis protagonistas principais representan un colectivo selecto que se ve movido polas súas preocupacións, valores e conviccións. Unha resistencia de amigos, diferentemente iguais, que fomentaron o respecto, promoveron a amizade, loitaron contra o bullying e romperon os moldes sexistas e racistas da época, aínda vixentes, para mudar as leis do patio de xogos máis representativo da sociedade humana tradicional.

 

Neste punto, destaca a figura emerxente de Ashley Spinelli, a gamberra e matona do grupo. Non lle gusta o rosa, nin a maquillaxe, loita contra as inxustizas e as desigualdades e mantén certo odio a grupos como 'The Ashleys', que forman o prototipo de mulleres cursis e esaxeradamente femininas. En definitiva, o canon de nena que rompe o estereotipo do que se considera feminino.