Wonder Woman (ou A Muller Marabilla) é unha superheroína de banda deseñada da DC Cómics creada por William Moulton Marston. É a princesa de Themyscira (ás veces chamada Illa Paraíso), filla da raíña das amazonas, Hipólita. A súa nai creouna a partir dunha imaxe de barro, á cal cinco deusas do Olimpo lle deron vida e superpoderes. Xa adulta, foi enviada para o "mundo dos homes" para espallar unha misión de paz, ben como loitar contra o deus da guerra, Ares. Tornouse integrante da Liga da Xustiza, así como Superman e Batman. Foi a primeira heroína creada, en 1941, pola DC Comics.
Muller Marabilla estivo presente desde 1942, e desde ese momento foi un modelo a seguir, unha influencia para moitas persoas. Non só as súas historias foron publicadas en innumerables historietas da editorial DC Cómics, senón tamén noutros medios como libros, televisión e cine, e mesmo foi obxecto de parodias. Fíxose referencia ao personaxe en programas de televisión como Frasier, That 70's Show, Family Guy, The Naked Truth, The Simpsons, Charmed, WWE, Scrubs, The OC ou MTV Movie Awards, ou películas como Desperately Seeking Susan, Back to Schol, They Still Call Me Bruce, Muriel's Wedding, SpiceWorld, Mystery Men ou Sky High.
Tamén foi obxecto de estudo en libros dedicados ao personaxe onde se fai un repaso xa sexa da súa historia como do seu creador, autores e escritores.
O 21 de outubro de 2016, a Organización das Nacións Unidas nomeou a Muller Marabilla Embaixadora Honoraria de boa vontade ante a ONU para o Empoderamiento das Mulleres e Nenas no mundo, nunha cerimonia á que asistiron o secretario xeral das Nacións Unidas Ban Ki-moon, Lynda Carter e Gal Gadot.