A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

MÁIS SOBRE O PLANEAMENTO

O barrio completábase case maioritariamente por mazas pechadas de fondo máximo da edificación de 12m e alturas maioritariamente de B+3 (13m), a excepción das que daban fronte a rúa Solaina, nas que se permitían B+4 (16m) (incluso B+5(19m) nos bloques que ocupan a mazá delimitada polas actuais rúas Solaina, Alexandre Bóveda, Cristóbal Colón e Martín Códax) e as sitas nas actuais rúas da Estación e na fronte sur da rúa Finca Federico, nas que as alturas se restrinxían a B+2. O plan deixaba algunha mazá libre como ocorría coa actual Praza da Constitución; a mazá entre as actuais rúas Solaina, Alexandre Bóveda, Cristóbal Colón e Francisco Pizarro; e o espazo libre entre os bloques de edificación que ocupan a maza lindeira delimitada polas rúas Solaina, Alexandre Bóveda, Cristóbal Colón e Martín Códax; o actual parque 13 de marzo; o terreo que hoxe ocupa o campo de fútbol Estrella de Narón e unha maza, hoxe en día inexistente que limitaría coas rúas actuais Coruña e Finca Federico. Tan so dúas mazás se dedicaban a equipamento, a mazá que hoxe ocupa o CEIP A Solaina e na que se sitúa o CPR Ayala.


O planeamento actual veu a completar as áreas de solo residencial denso non programado, outorgándolle a totalidade do barrio a clasificación de solo urbano, sen modificar aliñacións, fondos ou alturas do instrumento existente (so se aumenta as alturas permitidas na rúa Estación e fronte sur da rúa Finca Federico, nas que se igualan ao resto do barrio con B+3). Este plan o que modifica son os espazos de equipamentos e zonas verdes, pois o instrumento o que substitúe ten carencias de espazos de equipamento; transformando a maza delimitada polas actuais rúas Solaina, Alexandre Bóveda, Cristóbal Colón e Francisco Pizarro, que pasa a ser de uso equipamento público. Ademáis disto, o planeamento das áreas de solo residencial denso non programado, completa os espazos verdes e dedicados a equipamento do ámbito.

O desenvolvemento das zonas urbanizables realízase mediante polígonos, dentro do ámbito de estudo definido vese afectado por PSI3-PSI4- PSI6- PSI7- PSI8, plans que tiñan como obxectivo desenrolar o solo non urbanizable cunha ordenación propia da zona intensiva que completara as mazas existentes, de ser o caso, con vivenda plurifamiliar con alturas máximas de B+3 (13m), enlazando os trazados previstos e dispoñendo espazos libres, zonas verdes e equipamentos. A totalidade da superficie destes polígonos sumaba 4,04Has, cunha superficie de 8336m2 (20%) dedicados a zonas verdes e 3368m2 (8%), a equipamentos.

As seccións tipo do PXOM do 1985, tamén se ven modificadas polo planeamento vixente, figurando tal e como se indica na seguinte imaxe. As beirarrúas en calles de ancho 12-14m pasan a ser de 2m (ampliando o ancho nas rúas de 12m de ancho e estreitando nas de 14m), e amplíanse as beirarrúas nas rúas de ancho maior a 18m, quedando para as deste ancho beirarrúas de 3m e para anchos comprendidos entre 20-22m, en 4m, en ámbolos casos con vexetación en ambas beirarrúas.

En canto a edificación, o PXOM do 2002 ven a manter as condicións existentes no anterior instrumento. Neles establecíase a obrigatoriedade de chafláns nas esquinas das mazás, con 4m de arista, excepto cando na esquina existira soportal ou debuxase un ángulo maior de 120º. Os soportais permitíanse se se estendía ao largo da fachada de mazá ou bloque e obrigábase á continuación deste se xa fora iniciado nunha edificación da mazá; o seu ancho mínimo establecíase en 3m e a altura, en 3,5m, cunha diferencia de nivel da rasante máxima de 15cm.

Sobre o espazo público a edificación podería voar a partir dos 3,5m da rasante (aumentase no caso de balcóns, terrazas, cornisas e aleiros que no PXOM do 85, marcaba en 3m), con corpos voados cerrados de máximo 1m de saínte ou 1/15 veces o ancho da rúa, no caso de corpos voados abertos o máximo ampliábase a 1,2m ou 1/12 veces o ancho da rúa; prohibindo calquera saínte en beirarrúas menores a 75cm. Prohibe as marquesiñas, excepto que estivesen incluídas no proxecto de edificación, no cal debería manter unha altura mínima de 2,5m, saínte máximo de 1m, mantendo unha distancia mínima de 1m do borde de beirarrúa e permite toldos de altura mínima 2,3m e saínte máximo de 2,5m, mantendo unha distancia mínima de 60cm do borde da beirarrúa. Os rótulos deberán situarse en planta baixa e cunha franxa horizontal de ancho inferior aos 90cm se están situados sobre o dintel da porta ou 50cm se se sitúan baixo este; permítense os banderíns a unha altura de 2,5m (3m se son luminosos) , cunha dimensión máxima vertical de 90cm e saíntes de 1,2m ou 1/12 veces o ancho da rúa.

Establecían un aparcamento por vivenda ou por cada 100m2 construídos, excepto nas parcelas con fronte menor a 10m e/ou con ancho medio de fondo menor ou igual a 10m. Tamén queda na man do concello a exención de aparcamentos por razóns de xeometría, xeotecnia, servidumes, por rúas ou zonas nas que non sexa axeitado por interese de outros usos (comerciais, recreativos) ou por proliferación de vaos.

As condicións estéticas mantéñense en ambas normas, definindo para as medianeiras vistas un tratamento análogo a fachada. En canto as cercas en terreo non edificado que linda con vía pública deberían ser de pedra, ladrillo, mampostería, formigón ou material similar, no caso de cercas provisionais poden ser un tabique revocado con morteiro. Marca unha altura mínima de 2m sobre a aliñación oficial para calquera dos casos, cos paramentos revocados e pintados ou acabados similares aos de fachada.

PLANEAMENTO

O PXOM vixente data do ano 2002, elaborado tomando como base o PXOM ao que substituía do ano 1985 e completando as distribucións do solo urbanizable residencial denso non programado.

Dende o primeiro planeamento municipal, observase a distribución do barrio da Solaina, de uso residencial denso, con bolsas de solo urbanizable residencial denso non programado nos seus extremos leste e oeste. A configuración das rúas, os seus anchos e alturas definidos no plano de viario das normas, eran maioritariamente rúas de ancho entre 8 e 12m, destacaba a rúa da Solaina pola súa sección de 20m

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.

SEGUIR LENDO