A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre a ACCESIBILIDADE

A calidade ambiental atende a cuestións como a comodidade e a ergonomía no uso do espazo público, a estética, a contaminación, o ruído, a existencia de vexetación, ou o abandono e degradación.

Existe na vila de Narón unha incipiente rede de espazos con alta calidade ambiental, a meirande parte dos mesmos moi próximos á Solaina. Destaca entre eles o Parque Fluvial de Freixeiro, situado ao leste, a escasos 20 minutos andando dende o centro do barrio. Próximo a este esténdese unha rede de rueiros e de camiños que comunican directamente co bordo da ría e cos terreos aluviais da desembocadura do río Santa Icía. Ao sur, a 15 minutos camiñando, atópase o parque da gándara, que conforma unha pequena centralidade e trono á que se artella o espazo público desa zona.

Os camiños son na súa maioría a cota e cómodos, e son aproveitados pola veciñanza para o paseo, sen embargo están condicionados pola presencia constante das infraestruturas de transporte (a AP-9 e as vías do tren, ou a carretera de Castilla) e os seus nudos. Así, tanto as rúas que conectan o barrio con estas áreas de recreo como os propios camiños en torno a costa e as áreas de amortiguamento das infraestruturas conforman unha malla de espazos de oportunidade para as intervencións paisaxísticas que que melloren tamén a conectividade peonil.

A promoción destes espazos é un factor importante para o desenvolvemento da vila, principalmente pola mellora na calidade de vida dos habitantes, e tamén porque pode supor un dos principais atractivos tanto para os visitantes coma para a implantación de actividades económicas. A prolongación dos seus valores ambientais a través das rúas que conectan estas áreas entre elas, e cos principais centros de actividade, é a principal ferramenta do concello para promocionar os desprazamentos a pé dentro da vila.

Na contorna inmediata do barrio existen tamén espazos de grade valor ambiental, especialmente no bordo oriental existe un paseo paralelo ao cauce fluvial, ben conectado coa praza da lectura e o parque do 13 de marzo, zona de paseo habitual compartida co veciño concello de Ferrol, que se estende a través dos rueiros residenciais como o Camiño Basanta. Tamén neste caso sofre problemas de continuidade nos percorridos peonís ao toparse con sendos nodos infraestruturais ao sur e ao norte. Tamén compartido co concello veciño de Ferrol, ao norte, existe un área recreativa e de xogo habitual no borde da autopista e con acceso dende a avenida de Santa Icía.

Dentro do barrio, cabe sinalar o papel da rúa Solaina como corredor medioambietal, que deberase conservar reforzar, xa que fucniona como conector entre o antedito paseo do cauce fluvial e Santa Icía, hilvanando espazos moi usados e de certa calidade ambiental como o entorno da pista deportiva e os espazos abertos ao leste, e a praza da constitución. Esta última, como espazo central, deberá mellorar ademais a ergonomía e a accesibilidade, para facilitar o seu uso pola xente maior ou en cadeira de rodas, e facilitar o acceso dende as rúas do entorno. A calidade ambiental e a presencia da natureza redúcese nas rúas interiores e nos espazos ao leste, sobre todo na contorna da rúa de Santa Icía.

Hai, non obstante, espallados pola solaina e na súa contorna, algúns espazos nos que conflúen a ausencia de actividade, a falta de iluminación e certo deterioro da calidade ambiental. Aparecen nestas zonas edificios abandoados ou con acabados de obra, baixos baleiros, beirarrúas descoidadas, solares con escombros… Estes espazos contribúen a xerar inseguridade percibida, condicionan a implantación de novas actividades económicas e desalentan os desprazamentos a pé. Para abordar esta problemática hai que ter en conta que a rexeneración destes espazos moitas veces é custosa, e non depende exclusivamente dos axentes públicos. Pero a mellora da calidade do espazo público é unha poderosa ferramenta que, en combinación coa dinamización e a promoción do uso destes espazos, pode contribuír a implantación de novas actividades.

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.