A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre o ESTACIONAMENTO

No conxunto do ámbito existen 1.640 prazas permanentes no espazo público, en máis de 20.000m2 de espazo público, e 1.805 prazas estimadas en garaxes privados (entre as regularizadas con vao e as non regularizadas), o que suma un total de 3.445 prazas totais dispoñibles. Dado que existe unha demanda interna actual de 3.190, poderíamos falarse dunha dispoñibilidade constante de 255 prazas para visitantes (usuarios de comercio e servizos), ou que ben sendo un 7,5% do total.

As prazas privadas atópanse distribuídas principalmente en garaxes de menos de 4 parazas (o 62%), o cal multiplica as necesidades de portas de entrada e espazo de acceso reservado dende espazo público. No total da contorna de análise rexístranse 205 vaos de garaxe.

aínda máis sobre o ESTACIONAMENTO

Distribución Das Prazas En Superficie

- Contabilízanse 1.670 prazas de estacionamento distribuídas en máis de 20.000m2 de espazo público.

- Esta superficie de estacionamento repártese de xeito regular polas rúas de todo o ámbito, acumulándose lixeiramente nas rúas da contorna nas que as prazas tenden a ser en batería.

- O 96% das prazas de aparcamento no espazo público son libres, fronte a un 4% de prazas reguladas.

- Case todas as prazas distribúense pola rúa (co 80% en liña e o 20% en batería), e so un 5% do estacionamento está concentrado en bolsas.

- O ámbito conta con 38 PMR (prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida).

o Estas prazas cubrirían os estándares (1 cada 40 nos principais centros de actividade, independentemente das destinadas a residencia ou lugares de traballo), dado que non se pode considerar a totalidade do ámbito como “principal centro de actividade.

Oferta do estacionamento en espazo privado

Ademais destes garaxes regularizados, detéctanse outros 70 puntos de acceso para vehículos, formalizados cara o exterior dun xeito ou outro (entradas de aparcamento sen vao, pero con portóns amplos e depresións nas beirarrúas para o acceso de coches). A superficie deste tipo de locais, segundo datos catastrais, acada os 8000m2 , que estimando un estándar de 25m2 por praza, ampliarían en 320 a cantidade de prazas dispoñibles.

En definitiva, estímase que a oferta total de prazas de estacionamento en garaxes privados podería chegar ás 2.082 prazas.

Os accesos a garaxes repártense polo ámbito de xeito heteroxéneo: concéntranse moitos dos puntos nas mazás nas que a edificación é máis antiga e as parcelas máis fragmentadas (nas rúas centrais, nas vivendas unifamiliares…) e menos nos desenvolvementos urbanísticos máis recentes, que tenden a concentrar as prazas de garaxe en bolsas e a reducir así o número de entradas ás mesmas. As edificacións residenciais da zona da Virxe do Mar non contan, en xeral, con garaxes privados.

Cabe destacar que estas prazas privadas atópanse distribuídas principalmente en garaxes de menos de 4 parazas (o 62%), o cal multiplica as necesidades de portas de entrada e espazo de acceso reservado dende espazo público.

A repercusión destes espazos adicados ao coche que proliferan en toda a Solaina, tanto as prazas de aparcamento na rúa como os espazos reservados para as entradas e saídas dos garaxes, son un condicionante importante na circulación peonil e na percepción que se ten da rúa como espazo de paseo, de xogo, de lecer ou de compras.

Demanda interna de estacionamento

En canto á cuantificación obxectiva da demanda interna do ámbito, empréganse datos da DGT, que no ano 2015 hai un total de 25.958 vehículos no concello de Narón, dos cales un total de 21.345 serían potenciais estacionadores (Turismos e Furgonetas)., para un total de 39.565 habitantes no concello, o cal significa que existe un vehículo (dos que ocupan praza completa) cada 1,85 habitantes.

Estímase, en base á información municipal, unha poboación residente no ámbito de 6.421 habitantes. Tendo en conta os datos anteriores, calcúlase que 3.464 serían as prazas totais de estacionamento necesarias para cubrir uns estándares de demanda parellos aos do resto do concello.

Faise preciso matizar este dato de estándar de demanda teórica a nivel concello, xa que engloba o nivel de motorización de moitos entornos non urbanos e dispersos que abundan en Narón, e cuxas necesidades de uso do vehículo privado (pola distancia aos servizos e equipamentos) son moi superiores que as dos entornos urbanos. Para dar unha referencia, o nivel de motorización da cidade da Coruña sitúase para o mesmo ano en 2,20 persoas por vehículo, cifra moito máis próxima aos estándares urbanos das cidades europeas. Con este estándar máis urbano, a demanda interna real de estacionamento estaría máis próxima ás 2.919 prazas.

Para tomar un dato máis aproximado á realidade do barrio, establécese unha cifra intermedia entre as anteriores, quedando en 3.190 o valor máis realista da demanda interna de prazas de estacionamento.

Conclusións sobre a relación entre oferta e demanda interna de estacionamento

No conxunto do ámbito existen 1.640 prazas permanentes no espazo público, e 1.805 prazas estimadas en garaxes privados (entre as regularizadas con vao e as non regularizadas), o que suma un total de 3.445 prazas totais dispoñibles.

Dado que existe unha demanda interna actual de 3.190, poderíamos falarse dunha dispoñibilidade constante de 255 prazas para visitantes (usuarios de comercio e servizos), ou que ben sendo un 7,5% do total.

En síntese, incluso nun escenario de ocupación total das prazas por parte dos residentes, a oferta de prazas de estacionamento supera á demanda interna en 255 prazas.

Grao de ocupación dos estacionamentos en espazo público

  • A ocupación media do estacionamento en espazo público sitúase no 66% en xeral.

  • Nos momentos de máxima carga acádase o 73% de ocupación promedio. Nos momentos de menor presión a ocupación redúcese ao 60%.

  • A oferta de prazas existentes no ámbito amosan ser suficientes para o uso demandado, non chegando a colapsar en ningún caso.

  • Atendendo ao pico de ocupación detectado, podería existir unas 450 prazas dispoñibles en todo momento.

*OCUPACIÓN MEDIA: (prazas ocupadas sobre o total de prazas dispoñibles, durante o día).

Distribución e ocupación das prazas na rúa

Existen 1670 prazas de estacionamento, que se distribúen de xeito practicamente uniforme polo ámbito, concentrándose moitas delas nas rúas Xaquín Bruquetas (o 13%), Solaina (o 8%), e Mestre Mateo (o 6%). E tamén en menor medida nas rúas Reis Católicos, Cristóbal Colón, Francisco Pizarro, Illas Sisargas.

As que rexistran máis ocupación son a rúa Solaina e Reis Católicos, e Santa Icía entre as principais, e tamén as rúas Bon Xesús e Padre Feijoo, todas elas con valores promedio de ocupación que superan o 80%. Por outra banda a menos ocupada sería a rúa Xosefa Iglesias, cun promedio de ocupación do 6%, e lonxe desta as rúas Hermanos Pinzón, Crego Merino, Marqués de Figueroa e Mestre Mateo con promedios de ocupacións xa entre o 40 e o 50%.

Variacións da ocupación ao longo do día e da semana

- Esta ocupación varía ao longo do día, acadando os valores máis altos a última hora (cando chega ao 73%) e a máis baixa pola mañá (que baixa ao 60%), o que nos fala dun barrio de carácter residencial. A ocupación varía minimamente no fin de semana, no que se acada o maior valor en torno a media mañá, chegando ao 66% de ocupación, manténdose na media diaria dun día laborable.

- A ocupación basal ou mínima ronda o 60%, o cal nos indica que o volume de vehículos vencellado a residentes é a principal fonte de ocupación nos vales.

- O comportamento do grupo maioritario de prazas de estacionamento (as ubicadas nas rúas, que son máis do 90%) é análogo ao comportamento xeral: a ocupación media sitúase en torno ao 67% e as variacións diarias e horarias son similares.

- O estacionamento libre na bolsa de aparcamento presenta un aumento de ocupación durante as fins de semana, cando acada un 81% da ocupación, maior que o 69% de ocupación media diaria dun día laboral, na que o máximo o acada a última hora cun 73%; o que nos indica un uso vencellado a persoas residentes.

- As prazas reservadas a persoas de mobilidade reducida teñen un promedio de ocupación nun día laborable do 42%, que sofre un descenso cara as fins de semana, onde acada un 24% de ocupación.

- O estacionamento dedicado a carga e descarga presenta unha ocupación maior cara a última hora dun día laborable, cando acada un 92%; duplicando a ocupación de media tarde e triplicando a de mañá. O mesmo ocorre coas prazas dedicadas a bica e arrinca que van aumentando a súa ocupación ao longo do día ata o 59% a última hora do día. Durante as fins de semana, as prazas de carga e descarga teñen unha ocupación en torno ao 77%, mentres que as de bica e arrinca sofren unha desocupación total.

Malas praxes de estacionamento

Dada a abundancia e a variedade de espazos de aparcamento, as malas praxes de estacionamento son habituais no ámbito, aínda que as consecuencias sobre a circulación tenden a ser pouco graves.

As malas praxes máis frecuentes son o estacionamento irregular en dobre fila na rúa ou diante dos vaos de garaxe, e dos contedores de lixo. Estas malas praxes, cando se producen en espazos estreitos, dificultan o paso dos vehículos e impiden a saída e a entrada aos estacionamentos, o que pode producir atrancos nas rúas. O resto de tipos de mala praxe inclúen, por orde de incidencia, a detención e o estacionamento en zonas de carga e descarga (algo habitual), o estacionamento en zonas non marcadas para este uso (algo habitual) , coches ou furgonetas que ocupan a beirarrúa (pouco habitual) e a ocupación de prazas reservadas de mobilidade reducida sen xustificante visible (pouco habitual)

Pódese observar na imaxe como as malas praxes distribúense por todo o ámbito sen concentrarse nunha zona concreta. As rúas centrais son o principal foco de malas praxes (Solaina, Reis Católicos, Cristóbal Colón) – debido á maior actividade que concentran-. As rúas Ourense, Estación e Mestre Mateo son aquelas que concentran maior número de estacionamentos en zonas non sinalizadas para este uso.

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.