A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre a ACCESIBILIDADE

Un grupo de problemas importantes relacionados coa falta de itinerarios peonís completos e continuos nalgunhas rúas, sobre todo no caso da rúa Xaquín Bruquetas polo lado norte no que a beirarrúa se corta para o acceso as parcelas e nas rúas Estación e Mestre Mateo, as cal carece de beirarrúa na marxe sur, a primeira delas na súa totalidade. Existen itinerarios peonís que non alcanzan un ancho de 1,80m, e nalgúns casos este é invadido por sinais ou luminarias, o máis frecuente é a invasión por vaos de vehículos: moitas das beirarrúas están ateigadas de pequenas depresións para o paso de vehículos que dificultan gravemente a circulación en cadeira de rodas ou con carros de cativos, e complícana tamén para todas as persoas ainda sen teren a mobilidade reducida. Noutras ocasións falta o paso peonil nalgún dos cruces habituais ou este non é accesible. Son estes problemas que requiren unha solución integral, mais aló da solución puntual dalgún deles. O resto de problemas detectados son variados e teñen distinta gravidade. Algúns dos mesmos, xeralizados a escala de concello, pódense solucionar con pequenas actuacións de mantemento. Estas problemáticas puntuais son variadas e distribúense de xeito heteroxéneo.

MÁIS SOBRE A ACCESIBILIDADE

As condicións de accesibilidade no espazo público son, en xeral, insuficientes posto que moitos dos itinerarios peonís teñen un ancho escaso e algún atópase incompleto. As beirarrúas ademais de carecer dun ancho suficiente en moitos casos prodúcense estreitamentos motivados pola invasión por parte de sinais e vaos de vehículos. Hai outro grupo de problemáticas puntuais relacionadas coa sinalización inadecuada.

Accesibilidade e supresión de barreiras no espazo público

A intención do estudo da accesibilidade no espazo público é actualizar as condicións do mesmo e avaliar a súa adaptación á normativa vixente: a Orden VIV/561/2010, de 1 de febreiro, que recolle as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados.

A planeidade que ofrece o entorno xeográfico e a densidade de vivendas e locais que existe na zona invita a pensar na Solaina como un espazo de oportunidade para crear un ámbito de altas prestacións de accesibilidade. Para acadar estas boas condicións é imprescindible a total adecuación do espazo público aos estándares impostos pola normativa técnica, cousa que debe ser un obxectivo de fondo para tódolos entornos urbanos no medio prazo. O traballo continuado con asociacións e colectivos de persoas con mobilidade reducida pode ser un bo medio de avaliar a efectividade das medidas postas en marcha

Un grupo de problemas importantes relacionados coa falta de itinerarios peonís completos e continuos nalgunhas rúas, sobre todo no caso da rúa Xaquín Bruquetas polo lado norte no que a beirarrúa se corta para o acceso as parcelas e nas rúas Estación e Mestre Mateo, as cal carece de beirarrúa na marxe sur, a primeira delas na súa totalidade. Existen itinerarios peonís que non alcanzan un ancho de 1,80m, e nalgúns casos este é invadido por sinais ou luminarias, o máis frecuente é a invasión por vaos de vehículos. Noutras ocasións falta o paso peonil nalgún dos cruces habituais. Son estes problemas que requiren unha solución integral, mais aló da solución puntual dalgún deles.

O resto de problemas detectados son variados e teñen distinta gravidade. Algúns dos mesmos, xeralizados a escala de concello, pódense solucionar con pequenas actuacións de mantemento. Estas problemáticas puntuais son variadas e distribúense de xeito heteroxéneo:

    • Abundan as problemáticas relacionadas cos pasos peonís.

        • Moitos dos casos son por falta de sinalización vertical dos mesmos, inexistente ou non visible

        • Na sinalización horizontal dos pasos peonís son moi frecuentes os casos nos que as franxas de pavimento podotáctil - que identifiquen o paso peonil a persoas con discapacidade visual non se adecúan exactamente ás prescricións da normativa.

        • Os vaos peonís teñen, en moitos casos, escasa anchura e unha configuración dos planos inclinados inadecuada ou inexistente.

    • Os vaos de vehículos invaden o espazo peonil frecuentemente, o que reduce o ancho mínimo de paso polas beirarrúas aínda máis, e causa inclinacións inadecuadas no itinerario peonil, non sinalizados horizontalmente, o que os fai non identificables a persoas con discapacidade visual.

    • As illas da rúa Solaina e Clara Corral non se adecúan ás prescricións da normativa. Na primeira das rúas a maioría das problemáticas prodúcense pola inadecuada sinalización horizontal das mesmas, dificultando a identificación destas ás persoas con discapacidade visual, así como, moitas teñen un ancho menor ao paso peonil. Na rúa Clara Corral as fallas danse por mor dun fondo non suficiente, ao non chegar ao 1,50m que marca a normativa.

    • Destacan as fallas relacionadas cos bolardos dentro do campo do mobiliario urbano que se produce maioritariamente nos encontros das rúas centrais para evitar a ocupación do espazo peonil polos vehículos. Os bolardos que atopamos carecen das dimensións estipuladas pola normativa, posto que son dunha altura menor a 75cm.

    • Sinalización e luminarias: A ubicación das mesmas ocupando o espazo peonil en moitas ocasión xa insuficiente, como na rúa Cardenal Cisneros ou Camiño Roibo e en outras sen permitir un paso libre mínimo de 1,80m a pesar do ancho suficiente da beirarrúa (frecuente en Mercedes Freire Lago-Xosefa Iglesias)

    • As fallas detectadas nos pavimentos son minoritarias; a rúa Xaquín Bruquetas é na que consta a maior parte destas. Relaciónanse coa mala fixación dos pavimentos ou con elementos soltos.

        • Nas rúa Xaquín Bruquetas, Cristóbal Colón e Cardenal Cisneros atopamos problemas relacionados cos elementos de urbanización, neste caso reixas con ocos lonxitudinais paralelos ao sentido da marcha, ou de apertura con diámetro maior a 1cm.

    • Calquera acción encamiñada ao reordenamento do estacionamento deberá ter en conta o aumento ou, en todo caso, o mantemento do número de prazas reservadas dispoñibles para persoas con mobilidade reducida, así como a mellora da sinalización, das medidas e do acceso a estas posto que actualmente moitas das prazas presentan fallas por estes motivos.

Accesibilidade no estacionamento

O ámbito conta con 38 PMR (prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida), que supoñen o 2,5% das existentes.

Os niveis de ocupación das mesmas é variable: as prazas na rúa están ocupadas con maior frecuencia mentres que as prazas ubicadas nas bolsas de estacionamento teñen niveis de ocupación moi baixas.

Estas prazas cubrirían os estándares (1 cada 40 nos principais centros de actividade, independentemente das destinadas a residencia ou lugares de traballo), dado que non se pode considerar a totalidade do ámbito como “principal centro de actividade”.



PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.