A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre a mobildiade PEONIL

Reis Católicos é o eixo que máis peso ten nas circulacións peonís, sendo o promedio de persoas cinco veces superior ao das rúas con menor fluxo, cun pico de 245 persoas/hora no cruce con rúa Ourense, rexistrado un día laboral as 12:00h. O promedio máis baixo de fluxo de persoas prodúcese as primeiras horas da tarde (53 persoas/hora). O sábado detéctase unha menor actividade na rúa durante as horas de día, con valores medios de tráfico peonil próximos á metade do resto de días da semana. Os eixos de Santa Icía e Solaina rexistran un fluxo superior ao promedio. Abundan os cruces conflitivos de peóns e tráfico rodado, sobre todo ligado a actividades educativas e sociais, xerando situacións de inseguridade a pesares da boa vontade xeralizada dos vehículos. O máximo fluxo peonil prodúcese a última hora da tarde. Os sábados rexístrase a metade de fluxo peonil que un día de semana. En xeral, os fluxos no perímetro do barrio limítanse ao acceso a estes mentres que nas rúas interiores os fluxos aumentan debido á actividade comercial e de servizos do barrio. As condicións de accesibilidade e de continuidade dos percorridos peonís son mellorables, como se describe no apartado de accesibilidade.

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.