A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

TIPOLOXÍA EDIFICATORIA

Predomina a tiploxía de vivenda plurifamiliar, con división horizontal (o 75% das edificacións) sobre a unifamiliar. A tipoloxía predominante é a de edificacións plurifamiliares urbanas entre medianeiras, en parcelas rectangulares de dimensións heteroxéneas, que se producen pola unión de parcela base de 7-9m de fronte, con fondo edificado de en torno aos 15-25m . Altura de edificación en torno aos 13-16m, con baixo (normalmente dedicado a local comercial ou almacén, e en menor medida a garaxe), tres alturas e baixo cuberta dedicadas ao uso residencial relacionado ao último piso.

EDIFICACIÓNS RESIDENCIAIS

Contabilízanse 2.674 vivendas: 110 unifamiliares e 2.564, situadas nos 339 edificios plurifamiliares. Aloxan un total de 6.421 residentes, cun ratio de 2,4 habitantes por vivenda, o que fai unha media de 7,6 vivendas por edificio plurifamiliar. As vivendas teñen unha superficie relativamente homoxénea, duns 90 m2 construídos de media. O groso dos edificios do ámbito construíronse nas décadas dos 60, 70 e 80. Os bloques construídos posteriormente supoñen case o 40% dos m2 construídos, e o 30% das vivendas. O ámbito conta tamén con 1.305 locais en planta baixa, cuxa superficie adícase maioritariamente a aparcamento, cun 35%, e almacén, cun 21%. As actividades económicas ocupan un 16% da superficie en planta baixa. A meirande parte das vivendas contan coa posibilidade de estacionamento no mesmo inmoble, pero non cubren integramente a demanda de prazas do propio edificio. A idade das edificacións fai que presenten problemas de accesibilidade e necesidades de mellora na eficiencia enerxética e de conservación xeralizada en plantas baixas e altas, a fin de mellorar a calidade ambiental do conxunto.

ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Tan so o 17% dos locais están activos. O resto de locais repártense entre os desocupados (o 29%) ou con actividades privativas sen apertura ao público, como vivendas, almacén, garaxe (o 59%). Nos locais activos predominan as actividades de oficina e provedoras de servizos que suman o 46%, sobrepasando ao comercio (o 31% dos locais activos acollen actividade comercial) e a hostalaría (no 18% dos locais activos). Os equipamentos a pesares de sumar tan só o 5% dos locais, ocupan o 43% da superficie. O índice de diversidade das actividades é extremadamente baixo dentro do ámbito (tendo sobre todo en conta a alta densidade e compacidade do tecido residencial), Sitúase en H’=1,89bits, un valor moi por debaixo do mínimo recomendable de 4 bits de información para tecidos urbanos consolidados

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.