A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

DISTRIBUCIÓN DAS SUPERFICIES

A maior porcentaxe de superficie publica apórtaa a rúa Solaina. Predomina no espazo público do ámbito a superficie dedicada aos carriles de circulación de vehículos, que ocupan preto da metade da superficie total. O espazo de estacionamento na rúa acada o 16%. O espazo restante está dedicado a beirarrúas para o peón (o 24% do total da superficie) e zonas verdes (15%) atopándose estas maioritariamente nas prazas e parques. A zona de vivendas da Virxe do Mar, sita no suroeste do ámbito, é aquela que conta cun espazo peonil máis xeneroso, así como a zona este do barrio. Quedando no ámbito central as zonas que menos espazo dedican ao peón, que a excepción das rúas Cardenal Cisneros , Coruña e Cristóbal Colón o resto non sobrepasan a media.

RELACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO E A ACTIVIDADE

As actividades residenciais e económicas que conviven no ámbito teñen unha forte repercusión na percepción e emprego do espazo público, dende os modos de usar as beirarrúa, as posibilidade de relación social, a aparición de usos estanciais ou a colonización da rúa de parte da actividades privadas. Todas estas actividades teñen a súa tradución inmediata nas beirarrúas, xa que son estas o punto de fricción entre o espazo público e o privado, servindo de acceso ás vivendas, aos garaxes, de soporte para as terrazas dos locais de hostalaría, de punto de observación dos escaparates, e de soporte de todos os percorridos de desprazamento que relacionan os espazos privados entre si e coas dotacións e servizos.

ACCESIBILIDADE

Un grupo de problemas importantes son os relacionados coa falta de itinerarios peonís completos e continuos nalgunhas rúas, sobre todo no caso da rúa Xaquín Bruquetas polo lado norte no que a beirarrúa se corta para o acceso as parcelas e nas rúas Estación e Mestre Mateo, as cal carece de beirarrúa na marxe sur, a primeira delas na súa totalidade. Existen itinerarios peonís que non alcanzan un ancho de 1,80m, e nalgúns casos este é invadido por sinais ou luminarias, o máis frecuente é a invasión por vaos de vehículos: moitas das beirarrúas están ateigadas de pequenas depresións para o paso de vehículos que dificultan gravemente a circulación en cadeira de rodas ou con carros de cativos, e complícana tamén para todas as persoas ainda sen teren a mobilidade reducida. Noutras ocasións falta o paso peonil nalgún dos cruces habituais ou este non é accesible.

CALIDADE AMBIENTAL

Dentro do barrio, cabe sinalar o papel da rúa Solaina como corredor medioambietal, que deberase conservar reforzar, xa que fucniona como conector entre o paseo do cauce fluvial e Santa Icía, hilvanando espazos moi usados e de certa calidade ambiental como o entorno da pista deportiva e os espazos abertos ao leste, e a praza central da Solaina. Esta última, como espazo central, deberá mellorar ademais a ergonomía e a accesibilidade, para facilitar o seu uso pola xente maior ou en cadeira de rodas, e facilitar o acceso dende as rúas do entorno. A calidade ambiental e a presencia da natureza redúcese nas rúas interiores e nos espazos ao leste, sobre todo na contorna da rúa de Santa Icía. Espallados pola Solaina e na súa contorna hai áreas nas que conflúen a ausencia de actividade, a falta de iluminación e certo deterioro da calidade ambiental. Aparecen nestas zonas edificios abandoados ou con acabados de obra, baixos baleiros, beirarrúas descoidadas, solares con escombros… que contribúen a xerar inseguridade percibida, condicionan a implantación de novas actividades económicas e desalentan os desprazamentos a pé.

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.