A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre a EDIFICACIÓN RESIDENCIAL

Contabilízanse 2.674 vivendas: 110 unifamiliares e 2.564, situadas nos 339 edificios plurifamiliares. Aloxan un total de 6.421 residentes, cun ratio de 2,4 habitantes por vivenda, o que fai unha media de 7,6 vivendas por edificio plurifamiliar. As vivendas teñen unha superficie relativamente homoxénea, duns 90 m2 construídos de media. O groso dos edificios do ámbito construíronse nas décadas dos 60, 70 e 80. Os bloques construídos posteriormente supoñen case o 40% dos m2 construídos, e o 30% das vivendas. O ámbito conta tamén con 1.305 locais en planta baixa, cuxa superficie adícase maioritariamente a aparcamento, cun 35%, e almacén, cun 21%. As actividades económicas ocupan un 16% da superficie en planta baixa. A meirande parte das vivendas contan coa posibilidade de estacionamento no mesmo inmoble, pero non cubren integramente a demanda de prazas do propio edificio. A idade das edificacións fai que presenten problemas de accesibilidade e necesidades de mellora na eficiencia enerxética e de conservación xeralizada en plantas baixas e altas, a fin de mellorar a calidade ambiental do conxunto.

MÁIS SOBRE A EDIFICACIÓN RESIDENCIAL

Na Solaina predomina a vivenda plurifamiliar, con división horizontal. Dos 449 edificios residenciais da zona, 339 son edificios de vivenda colectiva (o 75%) e 110 unifamiliares ou vivendas sen división horizontal. No ámbito central da Solaina a práctica totalidade dos edificios residenciais son de vivenda colectiva. En canto ao número de vivendas, no ámbito contabilízanse 2.674 vivendas, 110 vivendas unifamiliares e 2.564 situadas nos 339 edificios plurifamiliares, o que fai unha media de 7,6 vivendas por edificio plurifamiliar.

A a distribución non é homoxénea:

  • No ámbito central predominan os edificios de un só portal e 4 plantas (3 de vivendas máis a planta baixa) con 1 ou 2 ou 3 vivendas por planta, sumando así entre 6 e 9 vivendas por edificio.

  • Os bloques dos bordes oeste e sur organízanse con varios portais por edificio e contan con 5 ou 6 plantas de vivendas e entre 2 e 3 vivendas por planta.

  • A tipoloxía do polígono é en bloque aberto, con un portal por edificio e 3 plantas de 2 vivendas por planta (que dan a 2 fachadas), sendo edificios de 6 vivendas.

  • Na rúa Santa Icía mestúranse vivendas unifamiliares ou colectivas de 2/3 alturas con edificios de ata 5 plantas de vivendas nas esquinas das rúas Solaina e Reis Católicos. - No ámbito ao leste predominan as vivendas unifamiliares de 2/3 plantas.

O groso dos edificios do ámbito se construíron na década dos 60, 70 e 80. Porén os bloques construídos nas décadas dos 90, 2000 e 2010 supoñen case o 40% dos m2 construídos e o 30% das vivendas. A maioría da edificación do ámbito, e nomeadamente a grande maioría da edificación colectiva, ten dispoñíbel a súa distribución de inmobles e usos por plantas polo que a súa análise resulta moi interesante como base dunha caracterización polo miúdo da edificación residencial, incorporando diversos parámetros e fontes de información.

Existen 50 edificios con soto ou semisoto, fundamentalmente os bloques situados nos bordos sur e oeste do barrio. Estes inmobles destínanse fundamentalmente a aparcamento, a zonas comúns que permiten o acceso e circulación de vehículos e persoas e espazos de almacenaxe ou trasteiros.

O ámbito conta con 1.305 locais en planta baixa nos edificios residenciais, que suman un total de 95.589 m2 construídos e que se reparten así: salvo no caso da zona de Santa Icía -onde predominan edificacións sen división horizontal- ou no polígono -onde a tipoloxía conta con uso residencial nesta planta- apenas se atopan vivendas en planta baixa. En conxunto son 202 inmobles con este uso sumando plantas baixas e entreplantas, o que supón o 17% da superficie da edificación residencial en planta baixa. Os usos que mais superficie consumen son o aparcamento, cun 35% e os espazos sen uso ou destinados a almacén, cun 21%. As actividades económicas supoñen un 16% da superficie en planta baixa.


Hai 2.674 vivendas repartidas principalmente nas plantas altas dos inmobles existentes.

  • Teñen unha superficie relativamente homoxénea, duns 90 m2 construídos de media.

  • Aloxan un total de 6.421 residentes, cun ratio de 2,4 habitantes por vivenda.

  • A meirande parte das vivendas contan coa posibilidade de estacionamento no mesmo inmoble pero non cubren integramente a demanda de prazas do propio edificio.

  • A accesibilidade é un dos grandes “debe” da edificación do ámbito, afectando a numeroso baixos con grande dificultades para a obtención de licencia e a unha grande parte das vivendas.

  • A idade e a calidade construtiva preséntanos un conxunto con necesidades de mellora na eficiencia enerxética e de conservación xeralizada en plantas baixas e altas, a fin de mellorar a calidade ambiental do conxunto.

A maior parte das edificacións conta con espazo destinado a aparcamento, nomeadamente en planta baixa. Porén, a superficie en planta da maior parte da edificación non cubre a demanda de prazas das vivendas do propio edificio, supoñendo unha ocupación alta. Isto fai, que salvo no caso dos novos bloques, as vivendas sexan dependentes do espazo público para o aparcamento contemplando o actual índice de motorización.

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.