A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre a TIPOLOXÍA EDIFICATORIA

Predominan as edificacións plurifamiliares urbanas entre medianeiras, en parcelas rectangulares de dimensións heteroxéneas, que se producen pola unión de parcela base de 7-9m de fronte, con fondo edificado de en torno aos 15-25m . Altura de edificación en torno aos 13-16m, con baixo (normalmente dedicado a local comercial ou almacén, e en menor medida a garaxe), tres alturas e baixo cuberta dedicadas ao uso residencial relacionado ao último piso.

Parcelas maiores: Aparecen parcelas de maior tamaño, producidas pola agregacións de parcelas base e construídas en anos posteriores con bloques de maior ancho de fachada (~20-35m). Nos que se seguen mantendo alturas sobre rasante e se lle engaden un ou dous sotos de uso estacionamento. Parcelas trapezoidais: Na proximidades da Avenida Santa Icía aparecen parcelas trapezoidais, dado o seu crecemento ao pé da antiga vía que unía A Gándara e o Calvario. Edificacións tradicionais: Mantéñense inseridas no parcelario algunhas edificacións, en xeral máis baixas (B+1 ou B+2) e de maior idade, algunhas manteñen balaustradas tradicionais e a cuberta con pendente perpendicular a vía (en avenida Santa Icía e en rúa Estación, Lugo, Finca Federico e Bon Xesús)

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.