A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

HISTORIA

Xa no mapa de Domingo Fontán sinálase a existencia da parroquia de Santa Icía de Trasancos na vía que unía Ferrol con Cedeira; aínda así, nas imaxes do voo americano, as edificacións eran escasas e en torno as vías de comunicacións, como a estrada a Castilla e a vía que unía a Gándara co Calvario; dedicándose a maior parte dos terreos a labradío. En 1962, conclúense as obras da vía de ferrocarril que unía Santa María de Mera e Ferrol (tramo pertencente a liña estreita Ferrol-Gijón, inaugurada no 1972). A primeira estación da liña que nos atopabamos viaxando dende Ferrol era a da Xubia, pero antes desta producíanse paradas coma a de Icía, que aínda segue en funcionamento no cercanías Ferrol- Ortigueira, actualmente límite sur do barrio.

Hai que esperar ata o ano 66 para que comece a transformación en loteo, momento no cal a simple urbanización das parcelas de labradío (construción de acceso e redes de saneamento), convertían a finca en solo urbano. Isto provocou unha reparcelación das fincas e a venta para a edificación da zona, tal e como se pode observar no voo interministeral do ano 1973-1986 no cal aparecen numerosas edificacións, cunha disposición de mazás pechadas; son as primeiras normas subsidiarias de planeamento urbanístico do ano 1978 as que viñeron a legalizar aquelas edificacións existentes. A urbanización da Solaina complétase co PXOM do ano 1985 con bolsas de solo urbanizable nos extremos este e oeste, e dende esta consolidáronse as mazás existentes e edificáronse as situadas no límites do barrio

Trátase dun barrio da segunda metade do século pasado, sendo dende os seus inicios un ámbito residencial moi ligado ao crecemento industrial da área Ferrol-Narón, cunha comunicación fácil coa cidade tanto por vía férrea (Ferrol- Ortigueira) como rodada (estrada de Castilla e máis recentemente AP-9).


PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.