A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

máis sobre a RELACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO COAS ACTIVIDADES

As actividades residenciais e económicas que conviven no ámbito teñen unha forte repercusión na percepción e emprego do espazo público, dende os modos de usar as beirarrúa, as posibilidade de relación social, a aparición de usos estanciais ou a colonización da rúa de parte da actividades privadas. Todas estas actividades teñen a súa tradución inmediata nas beirarrúas, xa que son estas o punto de fricción entre o espazo público e o privado, servindo de acceso ás vivendas, aos garaxes, de soporte para as terrazas dos locais de hostalaría, de punto de observación dos escaparates, e de soporte de todos os percorridos de desprazamento que relacionan os espazos privados entre si e coas dotacións e servizos.

inda máis sobre a RELACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO COAS ACTIVIDADES

As actividades residenciais e económicas que conviven no ámbito teñen unha forte repercusión na percepción e emprego do espazo público, dende os modos de usar as beirarrúa, as posibilidade de relación social, a aparición de usos estanciais ou a colonización da rúa de parte da actividades privadas.

Todas estas actividades teñen a súa tradución inmediata nas beirarrúas, xa que son estas o punto de fricción entre o espazo público e o privado, servindo de acceso ás vivendas, aos garaxes, de soporte para as terrazas dos locais de hostalaría, de punto de observación dos escaparates, e de soporte de todos os percorridos de desprazamento que relacionan os espazos privados entre si e coas dotacións e servizos.

É dicir, o espazo público é un ámbito de conflito onde conviven fluxos de persoas e coches, a hostalaría que reúne con frecuencia a grupos de persoas en torno aos locais que en ocasións materialízanse incluso en forma de terrazas fixas tal e como se recolle na ordenanza municipal, así como as dinámicas de accesos aos principais puntos de consumo do ámbito (supermercados e tendas de alimentación en xeral).

Dispoñibilidade do espazo público:

A dispoñibilidade do espazo público é un factor clave para o deseño dos espazos estanciais e de circulación peonil e rodada así como para a posible aparición de usos complementarios aos básico de acceso. Todas as vías urbanizadas deben garantir a existencia dun espazo de circulación peonil suficientemente accesible (maior a 1,80m de ancho libre) a ambos lados da rúa.

Parte do espazo debe quedar reservado para a entrada a portais e a saída de garaxes privados. As terrazas de locais tamén ocupan unha parte deste espazo público, sobre o que tamén inflúe a proximidade dos escaparates das tendas e negocios situados en planta baixa. É por isto que parece pertinente un achegamento ao grao de dispoñibilidade de espazos que cada rúa ten a fin de poder acoller usos informais ou non previstos.

A dispoñibilidade de superficie de espazo público por rúa para outros usos distintos dos de circulación peonil e acceso a portais oscila con valores entre o 0% dispoñible e o 20% dispñible na meirande parte dos casos, coa excepción das rúas Bon Xesús, Crego Merino, Padre Feijoo e Hernán Cortés que superan ese valor.

Se alén disto, atendemos ao ratio de m2 dispoñibles por metro lineal das principais rúas, vemos como hai moitas mesmo por baixo dos 2m2 libres por metro de rúa, con casos que non chegan nin á unidade, o que anticipa que, inda no caso de que existira unha alta demanda para a implantación de novas actividades públicas e/ou privadas nestes ámbitos, en ningún caso poderían facer uso do espazo adxacente para proxectarse cara ao exterior e xerar así un maior impacto relacional no barrio.

Si conxugamos esta aproximación cunha lectura dos usos actuais en planta baixa, seremos quen de identificar dunha parte un conxunto de ámbito con certo nivel de tensión e actividade económica e outros ámbito completamente carentes da mesma e con baixa expectativa de transformación. Esta situación dáse por tres cuestións principais:

- Baixo nivel de centralidade do barrio, o que implica unha baixa demanda para actividades xeneralistas

- Gran profusión de usos pasivos en planta baixa, nomeadamente garaxes, aparcadoiros/almacéns privados e residenciais

- Sistema viario centrado unicamente na resolución da mobilidade e o estacionamento.

Deste xeito podemos observar grandes tramos de rúa nos que a día de hoxe non existen máis portais, garaxes e prazas de estacionamento, polo que as rúas quedan reducidas a unha sorte de garaxe ao aire libre en lugar de conformarse como un espazo de actividade e relación social.

A grande distensión de amplas zonas do barrio, no tocante á actividade na rúa, deberá ser abordada dende varios frontes simultaneamente, tentando en termos xerais a incorporación de novos usos en planta baixa, tanto actividade comercial, produtiva como calquera tipo de híbrido que garanta unha maior carga de actividade local a local e un maior número de usuarios/residentes no ámbito ao longo do día, é dicir, unha RECOMPLEXIZACIÓN DO BARRIO, entendido como hábitat completo, espazo de residencia, traballo, coidados e lecer para o maior número de persoas posibles.

Algunhas das liñas de traballo poderán pasar por:

  • Dispoñibilizar parte doo espazo público para mellorar a transcendencia das actividades sobre o barrio, explotando ao máximo a capacidade de dinamización de cada un dos usos existentes ou que se instalen na zona.

  • Posta en mercado dos baixos de usos privativo e/ou en desuso, xa que representar un número importante de espazos infrautilizados.

  • Desincentivar o emprego dos baixos como aparcamento, limitando os vaos a un número mínimo de prazas, a fin de promover a súa posta en carga.

  • Mellora da calidade espacial e de tipoloxía habitacionais a fin de aumentar o atractivo e captar o interese de novos usuarios

  • Desenvolvemento de redes de colaboración e fornecemento das existentes para mellorar a resiliencia e facilitar o desenvolvemento das iniciativas medioambientais.

  • Captar talentos internos e externos que non precisen condicións de centralidade para o desenvolvemento da súa actividade


PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.