A SOLAINA

PLAN DRECTOR DO BARRIO DA SOLAINA - CONCELLO DE NARÓN

No barrio da Solaina predominan as rúas de sentido único. A intensidade de tráfico rodado é baixa, a pesares da alta dependencia do vehículo privado. Durante un día de semana, por cada un dos puntos medidos do ámbito circulan un promedio de 322 vehículos por hora. Durante as fins de semana a cantidade de vehículos redúcese máis dun 20%. Os puntos con máis circulación rodada son os situados na Av. de Santa IcíaExisten 1.640 prazas permanentes no espazo público, e 1.805 prazas estimadas en garaxes privados (entre as regularizadas con vao e as non regularizadas), o que suma un total de 3.445 prazas totais dispoñibles. Dado que existe unha demanda interna actual de 3.190, poderíamos falarse dunha dispoñibilidade constante de 255 prazas para visitantes (usuarios de comercio e servizos), ou que ben sendo un 7,5% do total.

A falta de complexidade e diversidade nas actividades, en especial por falta de espazos produtivos, obrigan ao groso da poboación residente a abandonar o barrio con fins laborais durante o día, así como para a obtención de servizos de produtos especializados. A distancia a moitos dos principais ámbitos de actividade a escala municipal permite plantexar a mobilidade peonil como sistema alternativo ao coche para os centros de actividade máis próximos, e tamén a bicicleta como sistema de futuro para a conexión co ámbitos máis afastados. Recoñécense uns eixos principais de fluxo peonil, nas rúas Reis Católicos, Santa Icía e Solaina, ligados aos tres puntos nos que se alcanza un maior fluxo de persoas, superior ao promedio diario do barrio. Xunto con eixos de fluxo ligados ás actividades dos equipamentos principais, locais sociais e colexios, como son as rúas Ourense, Lugo e Mercedes Freire Lago.

PLANIFICACIÓN TEC ~ 2021

Planificación TEC. Ano 2021. Todos os dereitos reservados. A publicación ou a reprodución do contido desta web queda expresamente prohibida.