WiFi

  • Rede ABALAR: Permite a conexión de maneira automática e transparente aos equipos Abalar de alumno (netbooks) e de profesor. Está dispoñible unicamente nas aulas do proxecto e en lugares próximos a onde poida chegar o sinal dos puntos de acceso (AP) situados nesas aulas.

  • Rede edu.xunta.es: Os mesmos AP situados nas aulas Abalar emiten unha segunda rede coa denominación edu.xunta.es.

O seu alcance é o mesmo mencionado no caso anterior e limitado, por tanto, ás aulas do proxecto Abalar e o seu contorno próximo.

A conexión á rede edu.xunta.es estará dispoñible unicamente para os usuarios que teñan conta corporativa da Consellería de Cultura, Educación e O. U.

• O usuario e contrasinal será o mesmo que se emprega para todas as aplicacións corporativas (correo electrónico , xade, fprofe, etc )

• Non depende do centro educativo, senón unicamente da persoa que se conecta.


INSTRUCIÓNS DA CONFIGURACIÓN DA REDE WIFI EDU.XUNTA.ES

wifi manual.pdf